Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


Dous incendios activos en Melón e Ribadavia e outro controlado en Palas de Rei

A Consellería do Medio Rural ven de informar da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 8:00 horas de hoxe. Neste sentido, permanecen activos dous incendios e un foi controlado. O lume rexistrado no concello de Melón (parroquia de Quins) foi orixinado ás 22:30 horas da noite do luns “e permanece activo arestora”. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 20 hectáreas. No seu control participan 5 axentes, 10 brigadas, 9 motobombas e un helicóptero.

Por outra banda, o incendio rexistrado no concello de Ribadavia comezou ás 22:11 horas da noite do luns e tamén “permanece activo arestora”. Segundo as últimas estimacións, o incendio afecta a unha superficie de 35 hectáreas. No control deste lume participa un técnico, 12 axentes, 32 brigadas, 21 motobombas, 3 pas, 1 unidade técnica de apoio, 6 helicópteros e 5 avións. Ademais, xa está restablecido restablecido o tráfico na estrada N-120 Vigo-Logroño, que fora cortado de forma preventiva para facilitarlle o traballo aos medios de extinción.

O lume iniciado ás 21:06 horas de onte no concello de Palas de Rei (parroquia de Cuíña) xa está controlado dende as 2:21 horas desta mesma madrugada. O incendio comezou en tres focos, polo que “todo indica que foi intencionado”. Segundo as últimas estimacións, afecta a unha superficie de 22 hectáreas e no seu control participan un técnico, 5 axentes, 12 brigadas, 7 motobombas, 2 pas e un helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra á cidadanía o número de teléfono gratuíto 085 ao que deben chamar en caso de dectectar algún incendio forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento (900 815 085). Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter @incendios085.

Comparte esta noticia