Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


Ares acolle este venres e sábado a Fase 2 do proxecto Rural Lab-Ferrolterra

O próximo venres 20 e sábado 21 terán lugar as Xornadas abertas para a creación dun monte soberano, que teñen como obxectivo a creación dun proxecto piloto de sostibilidade para Montefaro. Estas Xornadas representan a segunda fase do proxecto Rural Lab-Ferrolterra, que comezou en 2020 co obxectivo de establecer liñas de reflexión para a contorna de Ares (A Coruña) dunha forma colectiva e inclusiva: a narrativa e a memoria; a paisaxe e as súas necesidades; a actividade económica e formas de emprendemento responsable; a conectividade do territorio; o mar e o monte como oportunidade; e a cultura e o turismo sostible. Rural Lab é unha iniciativa da Fundación Gabeiras e Fundación DIDCA, coa colaboración da Asociación A Monte, Asociación Betula, Concello de Ares, GDR-Seitura 22, Axencia Galega de Innovación (GAIN) e REDS. Ademais, conta coa indispensable colaboración dos veciños e veciñas locais de Ares e Ferrolterra.

Na primeira fase desenvolvida no 2020 contouse co apoio do Ministerio de Cultura e Deporte e Media Lab Prado na convocatoria de “Rural Experimenta 2020”, o que permitiu contar con expertos que participaron e aportaron a súa visión, identidicando a necesidade de desenvolver unha residencia de pensamento na contorna seleccionada. Así, en colaboración co Concello de Ares e co apoio da GAIN desenvolveuse unha “Residencia de Pensamento”, aliñada tamén con unha serie de iniciativas de innovación social organizados dentro do festival “Ares Innova”. Grazas ao aprendido durante a residencia asentouse a base de traballo para a Fase 2 do proxecto. O obxectivo desta fase é elaborar unha Proposta de Proxecto que defina a estratexia de usos e explotación dos servizos ecosistémicos do monte e do patrimonio que o integra, para o seu debate e final definición de forma participada.

Así, en relación coa metodoloxía colaborativa que se seguiu dende o comezo do proxecto, organízanse as Xornadas abertas para a creación dun monte soberano. O venres 20, no Salón de actos de la Alianza Aresana, terá lugar de 10:00 a 12:00 a “Aula Gabeiras: Oportunidades de la digitalización para el entorno rural”. O sábado 21 de maio, no Monasterio de Santa Catalina de Montefaro (Ares) presentarase o proxecto piloto do Monte Soberano e compartirase cos axentes locais experiencias de referencia similares en Galicia ou no resto do territorio nacional. Ademais, realizarase un taller participativo con axentes locais para o codeseño do proxecto.

Comparte esta noticia