Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


Ana Miranda trasladará á Eurocámara iniciativas na defensa dos montes en mancomún

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, desenvolveu unha xornada de traballo en Verín, organizada polo tenente de alcalde, Diego Lourenzo. Esa xornada incluíu cunha conferencia no IES Xesús Taboada Vichite, -escola embaixadora do Parlamento Europeo- e un encontro con presidentes e presidentas das comunidades de montes, aos que lles anunciou a presentación de diferentes iniciativas na defensa dos montes en man común.

Neste sentido Ana Miranda salientou que presentará iniciativas para que as comunidades de montes sexan recoñecidas como tal nas institucións europeas, co seu correspondente estatus xurídico, e deste xeito os monte en mancomún poidan optar a axudas europeas que lles permitan dispoñer de fondos propios. “Son unhas entidades características do noso país que temos que protexer”, defendeu.

No encontro coas directivas das comunidades de montes tamén se falou das devastadoras consecuencias dos incendios, a necesidade de traballar na súa prevención e do mal uso dos fondos europeos. “Temos que mudar a tendencia do mal uso dos fondos europeos. Necesitamos que se usen para frear o despoboamento e loitar contra o cambio climático”, destacou.

Nunha visita ao IES Xesús Taboada Vichite, Miranda ofreceu unha charla sobre o funcionamento da Eurocámara e o seu traballo como eurodeputada. Ao respecto, explicou ao alumnado do centro, -maioritariamente de 4º da ESO-, o funcionamento da Eurocámara, que tras o Brexit está integrado por 705 deputadas e deputados repartidas en 7 grupos políticos, (aínda que tamén hai algúns deputados que non pertencen a ningún grupo político).

Salientou por outro lado que a prioridade do escano do BNG é levar os intereses galegos a Bruxelas e defender Galiza en Europa. Así, especificou que na Eurocámara traballa temas como, por exemplo, a pesca, a cooperación transfronteiriza, ou a agricultura ecolóxica, así como temas de tanta importancia e ao mesmo tempo tan duros como o accidente do Alvia, ou a recuperación de memoria histórica e loita contra o franquismo, a defensa dos dereitos humanos e o internacionalismo.

Comparte esta noticia