Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


A Xunta detecta dúas gaivotas afectadas por gripe aviaria

A Consellería do Medio Rural vén de comunicar a detección de dous exemplares de gaivota afectados por influenza aviaria de alta patoxenicidade (IAAP). Ao tratarse de dous individuos detectados na mesma localización (no encoro de Vilagudín da localidade coruñesa de Cerceda) considéranse un único foco notificable. Polo tanto, elevaríanse a 22 o total de focos reportados desde Galicia. Trátase de dúas gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) que foron achadas enfermas no marco do Plan de vixilancia da influenza aviaria que desenvolve a Xunta de Galicia. Tras ser localizadas, foron trasladadas ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Oleiros, onde se realizou a toma de mostras de ambos animais seguindo o protocolo establecido entre a Consellería do Medio Rural e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. As aves faleceron e os seus cadáveres foron eliminados de acordo aos procedementos de xestión autorizados. A Xunta lembra que este non é o primeiro caso detectado en 2022 de gaivotas infectadas polo virus da Influenza Aviaria de Alta Patoxenicidade en aves silvestres en España. Ata a data, no presente ano, constan notificados no noso país 133 casos en aves silvestres, tanto migratorias como residentes, e pertencentes a distintos hábitats e especies: anátidas como parrulos, cercetas ou gansos, aves de presa como falcóns ou miñatos e outras especies de distintas familias de aves como garzas, cegoñas pombas, voitres leonados, quebraosos ou outra gaivota na provincia de Palencia. Cómpre sinalar que durante o 2022, un total de 13 das 17 comunidades autónomas notificaron algún caso de gripe aviaria en aves silvestres. Neste sentido, o mascato continúa a ser a especie de máis frecuente detección nos últimos meses, con casos notificados, ademais de en Galicia, nas comunidades do litoral cantábrico ou atlántico, como Asturias, Cantabria, País Vasco e Andalucía. A Xunta lembra que, por un principio de bioseguridade básica, recoméndase non manipular aves atopadas enfermas ou mortas e notificar o feito aos servizos veterinarios oficiais da Consellería do Medio Rural ou á Consellería de Medio Ambiente. Gripe aviaria en mamíferos Nesta nova vaga de 2022, a gripe aviaria salta tamén aos mamíferos. A Xunta de Galicia detectou en outubro un foco de influenza aviaria A (H5N1) nunha explotación de visóns localizada na provincia de A Coruña. Trátase dun subtipo de virus que se ven atopando nos casos de influenza aviaria rexistrados en España no último ano, tanto en aves domésticas como silvestres. O caso detectouse tras a aparición de animais enfermos na granxa con sintomatoloxía respiratoria, así como un incremento anormal da mortalidade nela. Polo tanto, tomáronse mostras para o diagnóstico de varias enfermedades que deron como resultado dous casos positivos á influenza A, sendo comunicados inmediatamente ás autoridades de Saúde Pública.

Comparte esta noticia