Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


Verdegaia leva o caso da Mina de San Finx ante a ONU

A asociación ecoloxista Verdegaia ven de presentar ante a Organización das Nacións Unidas (ONU) en Xenebra unha denuncia contra o Reino de España por “vulneración do dereito de acceso á xustiza ambiental e á tutela xudicial efectiva ao teren impedido, diversas instancias xudiciais, a investigación de feitos presuntamente delitivos relacionados coa mina de San Finx, en Lousame, como son as verteduras de metais pesados que afectan á ría de Muros-Noia, ou as decisións da Xunta de non someter o proxecto á preceptiva avaliación de impacto ambiental”.

Neste sentido, a asociación lembra que a Convención de Aarhus tamén consagra o dereito de acceso á xustiza ambiental, en paralelo á Convención Europea dos Dereitos Humanos que establece que “os feitos de natureza delitiva que se denuncian deben ser debidamente investigados”. Isto, segundo a denuncia de Verdegaia, non está a acontecer no caso da Mina de San Finx.

Verdegaia indica que esta investigación dos feitos é o que ven impedindo o sistema xudicial mediante diversos autos da Audiencia Provincial da Coruña e dos propios Xulgados. Neste senso, xustificaron a negativa de investigar diversos delitos relacionados coas minas de San Finx “por un sobresemento provisional que se dera nun procedemento previo, no que o ex-director xeral de Enerxía e Minas Ángel Bernardo Tahoces fora chamado a declarar agotado o prazo de instrución”. Malia que os feitos denunciados non gardan relación coa imputación e sobresemento por motivos procesais do ex-alto cargo, as decisións xudiciais están “creando un círculo de impunidade xeral respecto aos delitos que gardan relación con esta mina, o que é totalmente contrario ao ordenamento xurídico”.

Esto motivou que a comezos de 2021 Verdegaia presentase recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional, onde a asociación xa interpuxo unha demanda contra España ante o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos. A esta situación súmanse as “repetidas tentativas de expulsar a Verdegaia dos procedementos penais, primeiro denegándolle a asistencia xurídica gratuita e agora, impóndolle unha fianza de 3.000 euros para poder continuar como acusación popular contra o ex-director xeral de enerxía e minas e outros funcionarios da Xunta investigados por delitos de falsedade en documento público”.

A asociación ecolixista considera significativo que estas negativas xudiciais a investigar os feitos presuntamente delitivos que se dan en San Finx cheguen “cando a Comisión Europea anuncia unha nova Directiva europa para a protección ambiental mediante o dereito penal, logo de comprobar como durante a última década o número de delitos ambientais investigados con éxito e implicando condenas foron insignificantes en comparación coas vulneracións cometidas”. Con esta acción, Verdegaia espera deixar claro que o principio de "quen contamina paga" tamén debe ser certo no ámbito penal.

Comparte esta noticia