Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


O problema dos residuos nas praias afecta cada ano aos ecosistemas mariños

A costa galega suma 1.500 quilómetros e é un lugar onde o paisaxe é un reclamo esencial para os visitantes. Así, é imprescindible coidar as nosas praias especialmente no verán, momento no que son os destinos por excelencia para pasar as vacacións. Galicia, do mesmo xeito que outras zonas costeiras da Península, sofre as consecuencias na súa contorna do paso dun gran número de turistas. Un dos principais problemas dos mares e dos océanos é a inmensa cantidade de residuos que son xerados nas costas debido á actividade humana, cuestión a que afecta gravemente aos ecosistemas mariños.

A contaminación dos océanos é un dos problemas medioambientais máis importantes dos últimos tempos. Os primeiros en sufrir as consecuencias dos residuos que se deixan nas praias son os animais que pasen por elas, chegando tamén a degradar o hábitat de millóns de seres mariños. Segundo Greenpeace, os impactos sobre a fauna mariña están amplamente documentados e o lixo atópase ampliamente distribuído por todos os mares do mundo. Porén, outros factores que se ven afectados son a saúde humana, a economía e a navegación. Segundo a Fundación Global Nature, as basuras mariñas teñen un elevado impacto socioeconómico no turismo (degradación da contorna), a pesca (degradación de caladoiros) e no transporte mariño (seguridade). Ademais, constitúen un importante vector de dispersión de contaminantes.

Un informe de Greenpeace indica que, en moitos casos, a procedencia dos residuos xerados nas praias é identificable. Porén, existe outra contaminación menos visible: a presenza de substancias químicas persistentes no mar tamén é un feito constatado globalmente. Neste sentido, é imprescindible un “cambio cultural definitivo” e afrontar o problema dos residuos dende a súa orixe.

Programas de seguimento do MITECO

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) promove unha serie de programas de seguimento do estado do medio mariño no que se inclúe un control de lixo nas praias, ademais da na columna de auga e nos fondos mariños. Ademais, inclúense subprogramas específicos sobre microplásticos en praias, en augas superficiais e en sedimentos mariños. En 2013 iniciouse un seguimento estandarizado que cobre praias das 5 demarcacións mariñas do país, coa particularidade de que dende 2015 cóntase coa colaboración da Xunta de Galicia debido a unha nova praia no Parte Natural das Illas Atlánticas. Trátase dun programa que ten a finalidade de caracterizar os obxectos encontrados e facilitar información que permita o establecemento de medidas orientadas a reducir o lixo que chega ao madio mariño.

Comparte esta noticia