Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


Galicia, unha das comunidades autónomas que aínda non dispón de conectores de alta potencia

Galicia é unha das comunidades autónomas de España (xunto a Cantabria, A Rioxa e Navarra) onde non hai ningún conector de alta potencia. A estas comunidades súmanse ata 9 provincias: Castellón, Guadalaxara, Guipúzcoa, Huesca, Xaén, Palencia, Segovia, Soria e Teruel. Así, a comunidade galega forma parte do 28% da superficie da España peninsular na que non hai nin un só punto de carga público de alta potencia. Son datos do estudo “Puntos de recarga para la movilidad eléctrica en España. Diagnóstico de situación y propuestas para una movilidad sostenible que garantice la vertebración territorial y la cohesión social”, da Fundación Ecología y Desarrollo (ECODES) e o Observatorio de Sostenibilidad. A análise indica que esta situación carece de lóxica nun momento no que a seguridade e a independencia enerxética é “prioridade absoluta” de Europa dende que comenzou a Guerra en Ucraína.

Segundo o estudo, a actual distribución de puntos de carga concentrase ao máximo nas áreas urbanas, condicionando por estratexias comerciais de oferta e demanda. Así, as grandes e medianas áreas urbanas teñen no seu territorio case 7 de cada 10 puntos de carga na España peninsular. Na análise tamén se observa que os tramos máis longos sen dispoñibilidade de carga sitúanse preferentementa nas áreas interiores, queando a franxa costeira mediterránea e do atlántico sur moito mellor cuberta. Raúl Estévez, responsable de Big Data e Sistemas de Información Xeográfica do Observatorio de Sostenibilidad, estima que é imprescindible o despregue da rede de mobilidade eléctrica por todo o territorio para dinamizar a economía, ademais de contrubuír a fixar a poboación en amplas zonas.

A nivel xeral, o estudo de ECODES e o Observatorio de Sostenibilidad analiza a capacidade e despregue da actual rede de recarga de vehículos eléctricos na rede de estradas de España, co obxectivo de valorar se permite o despegue do vehículo eléctrico como alternativa ao motor de combustión, ademais de propoñer recomendacións para que as infraestruturas de recarga vertebren a España vacía. Unha das principais conclusións do estudo é que unicamente un 36% dos puntos de carga atópanse no territorio rural ou en estradas principais, á vez que un 2% dos conectores dispoñibles contan cunha potencia igual ou superior a 150kW. Así, é necesario “dar un toque de atención para a potenciación da mobilidade eléctrica na España vaciada neste momento clave”.

Por outra parte, tamén se explica a situación que existe fóra dos núcleos urbanos. Por este motivo, céntrase na rede de estradas nacionais, co obxectivo de cumplir co estándar europeo de dispoñer, polo menos, dun punto de carga cada 60 quilómetros. Detéctase que, actualmente, menos do 5% da rede principal cumpre este obxectivo. Ademais, a análise destaca o feito de que soamente o 2% dos conectores actuais en funcionamento teñen unha potencia superior ou igual a 150kW, estando o 5% na rede principal en tan só un 0,7% nas áreas rurais.

Ante esta realidade, o estudo conclúe que a posta pública e privada deben complementarse. Ademais, presenta 12 recomendacións coas que se espera contribuír para rematar con outra “demoledora cifra actual”: un punto de carga cada 349 Km2 na España rural fronte a cada 4,11 km2 nas áreas urbanas. Entre as medidas, destaca a necesidade de hibridar as instalacións de enerxías renovables no territorio cos novos puntos de recarga. Ademais, proponse promover axudas e beneficios fiscales a particulares e empresas para que aposten pola implementación de puntos de recarga.

Comparte esta noticia