Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


Entidades sociais solicitan unha convocatoria dun pleno extraordinario do COGAMADS debido ao comportamento da Conselleira

A sesión do Consello Galego de Medioambiente e Desenvolvemento Sostíbel (COGAMADS) do 27 de xaneiro evidenciou “certo nerviosismo na Consellería de Medio Ambiente no tocante á oposición social e condenas xudiciais que están poñendo en evidencia os abusos que hai detrás da invasión eólica do noso territorio”. A petición de entidades sociais como o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL), a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), a Federación Ecoloxista Galega (FEG) e a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), na orde do día foi incluído o tratamento dun punto sobre eólicos.

 

O vogal do SLG-CCLL no COGAMADS, Diego Sánchez Agra, solicitou (co apoio de ADEGA, FEG e SGHN) a votación do Consello para emitir un acordo sobre a necesidade de paralización dos informes e concesións de parques eólicos ata que o Plan Sectorial de Galicia sexa revisado e sometido a avaliación. Esta posición instaría tamén ao establecemento de criterios de avaliación que eviten o fraccionamento dos proxectos, así como a promover un cambio na lexislación para a mellor protección da cidadanía, o medio ambiente e o patrimonio. Ademais, este acordo debería facer mención á necesidade de derogar as Leis de Depredación (5/2017 e 9/2021).

 

As entidades sociais xa mencionadas solicitan levar a votación a elaboración por parte do COGAMADS dun “informe sobre o encaixe do actual modelo enerxético na sustentabilidade e resiliencia do territorio galego”. Porén, a Conselleira de Medio Ambiente, presidenta do COGAMADS, eludiu tramitar a solicitude abandonando a xuntanza ante a sorpresa dos asistentes, quedando sen tramitar o último punto da orde do día da reunión. SLG-CCLL, ADEGA, FEG e SGHN expresan o malestar diante deste comportamento por parte de Conselleira, e piden a constancia en acta das dúas solicitudes de votación realizadas, as irregularidades no peche da sesión e a convocatoria dun pleno extraordinario do COGAMADS para tratar as propostas  bloqueadas por Ángeles Vázquez.

 

Os representantes do SLG-CCLL, ADEGA, FEG e SGHN no COGAMADS, instaran nas súas intervencións a actuar fronte ás ilegalidades cometidas polas empresas enerxéticas e postas de manifesto por parte dos tribunais de xustiza nos últimos días. Os vogais chamaron a atención tamén sobre a táctica de fraccionar en varios proxectos os parques eólicos que comparten subestacións ou liñas de evacuación, sendo na práctica un macroparque eólico. Así, declararon: “Fíxose algún informe desfavorable por fraccionamento? A nós non nos consta, e existen pronunciamentos xudiciais de ilegalidade deste tipo de prácticas. Non recoller estas casuísticas nos informes sectoriais desta Consellería pode ser tildado mesmo de prevaricación”. Ademais, indican que as “leis de depredación” son responsables de ter alentado os abusos condenados agora polos tribunais.

 

Por outra banda, as organizacións sociais cuestionan o papel de “mera espectadora” da Consellería, “fronte a unha accionar por parte da área de Industria que entra en obvia colisión cos ámbitos de protección medioambiental”. Deste xeito, as organización chaman a atención sobre o “preocupante informe” da Comisión Técnica Temporal sobre Enerxía Eólica e Paisaxes Culturais do Consello da Cultura Galega (CGG) emitido en decembro, no que urxía realizar unha revisión inmediata do Plan Sectorial Eólico. Ademais, destacan a necesidade de contar con datos de seguimento de impacto dos parques que xa están en funcionamento.

 

Por último, as organizacións indican que a invasión eólica dos nosos montes tamén impacta directamente na destrución de terras agrícolas, masas forestais e pasteiros. Ademais, a instalación masiva de plantas enerxéticas “está a rachar coa función de conservación das montañas e masas forestais, eliminando sumidoiros de carbono”. Ante a situación de desprotección do medio rural, o SLG-CCLL, ADEGA, FEG e SGHN cuestiona á conselleira “como consideraba que ía ser posible integrar este plan sectorial depredador dentro de liñas de traballo da súa Consellería, tales como a tan publicitada Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia”.

Comparte esta noticia