Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


Colectivos ecoloxistas advirten dos perigos da planta de Altri na comarca da Ulloa

As entidades Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO), o Grupo Naturalista Hábitat e a Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT) denuncian “os graves impactos ambientais que a instalación dunha fatoría de fibras téxtiles de 122 hectáreas da multinacional Altri vai provocar na comarca da Ulloa”.

O Lyocell, un tecido obtido do eucalipto

O Lyocell é unha fibra téxtil elaborada a base de restos vexetais que a empresa Altri obtén da madeira de eucalipto. Segundo ADEGA, a base do negocio nas súas primeiras etapas é indistinguible dunha celulosa para a fabricación de pasta de papel. Así, “o volume de auga mínimo preciso para producir unha tonelada de Lyocell supera os 1.500 m3 abeirando os 2.500 m3”. Segundo informacións de prensa, Altri prevé que a planta producirá 200.000 toneladas de Lyocell ao ano, o que significa que consumirá anualmente case 500 millóns de m3 de auga. A asociación ecoloxista indica que “a poboación de Palas de Rei tardaría máis de 3.200 anos en consumir esa cantidade de auga considerando un consumo diario por persoa de 125 litros”.

Ademais, ADEGA subliña que basear a produción téxtil no eucalipto provocará unha maior extensión desta especie exótica invasora e propiciará novas plantacións ilegais: “Con Altri demandando eucalipto para cubrir a produción das 200.000 toneladas/ano de Lyocell na planta de Palas, é moi probábel que as 650.000 hectáreas desta árbore que arestora temos xa en Galiza cheguen ao millón”. Por outra parte, a biodiversidade sofrerá danos, as terras de cultivo serán derramadas e aumentará o risco de incendios. Segundo a asociación, é rechamante que Altri busque instalarse en Galicia, “terra politicamente abonada ao eucalipto, logo da contestación social e política e o freo ao cultivo desta especie acontecido en Portugal polo devastador incendio de Pedrógão Grande en 2017”.

A localización,  imprescindible para o mantemento da biodiversidade na Ulloa

ADEGA revela que a localización escollida (A Vacariza), foi propiedade do gandeiro Leandro Quintas que quixo convertela nun gran couto de caza, e finalmente destinouse ao vacún. Malia a destrución de hábitats naturais no seu seo é un espazo de alto valor ambiental, contiguo á Rede Natura 2000, e dentro das unidades ambientais da Rede Natura identificadas pola Xunta con hábitats prioritarios. Así, é un espazo candidato a formar parte da ampliación da Rede Natura 2000 en Galicia. De feito, a súa relevancia para o mantemento da biodiversidade da Ulloa ten sido posta de manifesto nunha recente publicación do Instituto de Estudos Ulloáns.

Ademais, a parcela acolle a numerosas especies ameazadas, varias delas únicas no mundo. Por exemplo, entre as aves, están presentes de forma regular especies catalogadas ameazadas en Galicia como a tartaraña cincenta (Circus pygargus) e a gatafornela (Circus cyaneus); outras 8 consideradas en perigo de extinción en España seguindo criterios da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN); e ata 17 especies que deben ser obxecto de medidas de conservación do seu hábitat segundo a Directiva 2009/147/CE da Unión Europea.

Comparte esta noticia