Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


CIGAT Biofactoría converte a EDAR de Ourense nun referente circular a nivel nacional e europeo

O proxecto CIGAT Biofactoría rematou coa celebración do evento de presentación de resultados na Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Ourense. Este proxecto naceu en 2015 grazas á cooperación entre a empresa Viaqua, a Xunta de Galicia e o centro tecnolóxico de Cetaqua coa finalidade de promover sistemas de depuración de augas de forma descentralizada. Para Armando Ojea, tenente de alcalde do Concello de Ourense, as iniciativas como esta con chave para fomentar o desenvolvemento sostible.

 

Segundo Celia Castro, responsable técnica da área de Biofactoría e Recuperación de Recursos en Cetaqua, o proxecto CIGAT Biofactoría foi “a consolidación do proxecto”. O seu obxectivo foi o de “promover a revalorización de auga e correntes residuais do sector urbano e industrial en Galicia obtendo subprodutos de valor, de modo que se contribúa a un modelo de economía circular en lugar de a un liñal”. A evolución da EDAR de Ourense ata unha biofactoría é unha peza chave, pois é a única infraestrutura capaz de limpar a auga que utilizamos e de transformar os desfeitos do proceso en recursos de valor.

 

No caso galego, traballouse a escala piloto para validar dúas novas tecnoloxías a diferentes sectores industriais. A primeira delas estaba destinada á obtención de ácidos graxos volátiles a partir dos fangos producidos na EDAR de Ourense e de efluentes líquidos do sector conserveiro de peixe e marisco. A segunda tecnoloxía céntrase na obtención de compostos con propiedades antioxidantes, a partir dos residuos xerados no sector vitivinícola e aceiteiro, con resultados positivos a escala local. Segundo a experta, ambas fases quedarían baixo observación para, nun futuro, promover a súa industrialización.

 

Celia Castro lembra que, na comunidade galega, centráronse no sector lácteo e no conserveiro, pero podería aplicarse noutro tipo de sectores “onde a auga residual teña unha proporción de materia orgánica. A tecnoloxía existe e estas son as biofactorías”. Neste caso, tal e como sinala Castro, a colaboración público-privada foi fundamental polos fondos recibidos e porque deste xeito “aliñámonos cos intereses e necesidades que hai no ámbito privado, industria, e tamén no que se está demandando na sociedade e no ámbito público.

 

Marcos Martín, Director Xeral de Viaqua, lembrou no acto celebrado o martes a importancia de apostar por proxectos que apostan pola colaboración público-privada para alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). “En Viaqua apostamos pola investigación, o desenvolvemento e a innovación, porque son unha palanca fundamental para afrontar os retos presentes e futuros”, recalcaba o director da entidade. Ademais, engadía: “Este convencemento, combinado con modelos de colaboración público-privada como as Unidades Mixtas da Xunta de Galicia, e os máis de 50 anos de experiencia en Galicia, e máis de 154 anos de experiencia de Agbar, permítenos situarnos á vangarda da prestación de servizos de xestión de ciclo integral da auga e servizos medioambientais”.

 

Ademais, Viaqua e Cetaqua, no seu compromiso de impulsar a EDAR de Ourense como biofactoría de referencia, poñen en marcha o proxecto WALNUT, financiado polo programa de investigación e innovación europeo Horizonte 2020. O obxectivo deste proxecto segue na liña da estratexia de CIGAT Biofactoría de promover a economía circular no sector das augas residuais. A iniciativa, liderada por CARTIF e cun consorcio de 14 participantes de 8 países europeos, centra as súas liñas de investigación en recuperar os nutrientes e valorizalos en forma de biofertilizantes.

Comparte esta noticia