Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


ADEGA organiza a X Limpeza simultánea de praias o 15 e o 16 de outubro

Durante o día de hoxe e mañá, a Asociación Ecolóxica de Galiza (ADEGA) organiza de novo a Limpeza Simultánea de Praias, que xa vai pola súa décima edición. A organización ecoloxista convoca a todas as entidades interesadas a unirse neste evento contra a contaminación mariña: centros de ensino, escolas de surf, centros de mergullo, clubes de piragüismo, vela, pescadores, mariscadoras, asociacións de todo tipo, concellos ou grupos de particulares… Todos están chamados a limpar as praias e denunciar esta problemática ambiental.

 

ADEGA recorda que, cada ano, 10 millóns de toneladas de lixo rematan nos océanos. Moito deste lixo provén da industria do mar, mais unha gran parte chega das nosas casas. Para a asociación ecoloxista, o obxectivo das limpezas de praias é o de “eliminar parte dos residuos que están nas praias como símbolo de chamada de atención sobre esta a situación de contaminación que sofren as nosas praias e areais”. As principais causas desta problemática ambiental débense situar no modelo de consumo e produción baseado no modelo “usar e tirar”, a deficiente xestión dos residuos xerados e a falta de concienciación dalgúns sectores da poboación. A organización tamén fai fincapé na importancia de realizar estas limpezas de feito manual, xa que é a única maneira de facer unha limpeza “ecolóxica” na que se preserve a flora e fauna que está na contorna, tendo especial coidado coa biodiversidade dos ecosistemas dunares.

 

Nesta edición participan case 30 colectivos de diferentes concellos como Ferrol, A Coruña, Vigo, O Grove, Portonovo, Vilanova de Arousa, Porto do Son, Muros, Cabanas, Ares, Sanxenxo, Nigrán, Boiro, Zas, Oleiros ou Portosin. Os colectivos que participarán nesta iniciativa van dende institutos e colexios ata escolas de surf, que se encargarán de desenvolver tarefas de limpeza en praias como Doniños, Praia América, Montalvo, Seselle ou Baltar, entre moitas outras. Ademais, a asociación ofrece asesoramento ás entidades participantes e proporciónalles o material divulgativo e os protocolos de limpeza. Cabe destacar que segue coa normativa Covid, polo que prega a todos os participantes que respecten as restricións vixentes.

Comparte esta noticia