Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


A Xunta publica unha guía para axudar a compaxinar o desenvolvemento de parques industriais coas zonas que os rodean

A Xunta de Galicia publicou unha Guía de boas prácticas para a integración paisaxística das áreas empresariais dedicada a propoñer varias accións que compatibilicen a creación de espazos públicos co desenvolvemento de parques industriais. Nesta guía pódense atopar unha serie de medidas e solucións para mellorar estas situacións así como unha análise dos impactos paisaxísticos que se producen nas áreas industriais.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, foi a encargada de presentar no parque empresarial das Gándaras, en Lugo, este manual creado polo Instituto de Estudos do Territorio (IET) coa colaboración do Instituto Galego da Vivenda e Solo e da Federación Galega de Áreas Empresariais. Durante a presentación, a conselleira quixo remarcar que a idea é que se combinen toda a loxística necesaria para poder construír espazos integrados na paisaxe nos que se poida levar a cabo o desenvolvemento de actividades económicas.

Para iso, explicaba que hai que ver como estes espazos industriais poidan repercutir no medio ambiente e facer o posible por que ambos poidan coexistir, de tal forma que as empresas teñan en conta a redución da demanda enerxética da zona ou a calidade do aire, entre outras cousas. Ángeles Vázquez resaltou que «é unha guía de boas prácticas para a integración paisaxística das áreas empresariais e que vai a supoñer un antes e un despois na integración paisaxística, pero tamén un antes e un despois a hora dous aparcamentos, dous espazos amplos para eses aparcamentos e pensando xa nese futuro».

Outro dos aspectos para tratar nesta guía e que tamén é de vital importancia para esta compaxinación entre industria e medio ambiente é a elaboración de proxectos de conservación para mellorar a integración paisaxística das áreas empresariais existentes e para prever o adecuado mantemento das novas, ao que se lle dedicou un capítulo enteiro. Ademais trátase tamén outros temas como a adaptación da topografía, o deseño xeral do polígono industrial, a creación de espazos de reunión como áreas de descanso, a integración no contorno no que se localiza a empresa. E en cuestións máis estéticas, a creación de paseos e de carrís bici, o coidado da imaxe dos accesos así como a harmonización de materiais e cores.

Comparte esta noticia