Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


A Xunta investirá case 19 millóns de euros en vehículos e materiais para a prevención de incendios

A Xunta de Galicia investirá entre este ano e o vindeiro case 19 millóns de euros en vehículos e material para o Servizo de prevención de incendios forestais de Galicia. Trátase de motobombas, todo terreos e equipos de protección individual, motoserras, rozadoiras e outros equipos necesarios para o desenvolvemento da súa actividade. Así o ven de destacar nun acto en Becerreá o conselleiro de Medio Rural, José González, na entrega de parte deste material aos profesionais que loitan contra o lume.

O titular de Medio Rural fixo entrega de dous lotes de varias prendas técnicas. O primeiro consta de 2.500 conxuntos de anorak, forro térmico e cobrepantalón para todo o persoal laboral adscrito ao Servizo de prevención de incendios forestais, cun valor total superior aos 1,1 millóns de euros. Pola súa parte, a segunda entrega consistiu nun lote de 5.000 conxuntos de chaqueta e pantalón, cun importe de máis de 480.000 millóns de euros total. Deste xeito, o material representou un investimento de preto de 1,6 millóns de euros.

Estes equipamentos súmanse aos entregados no que vai de ano. Trátase de seis motobombas, 37 vehículos pick-up, 15 vehículos todo terreo para os axentes, as 11 prendas que constitúen a uniformidade dos 387 axentes da Consellería do Medio Rural e preto de dúas mil unidades, contabilizando motoserras, rozadoiras, equipos de protección individual de corte, cascos, luvas e botas e pantalóns anticorte. Ademais, no seguinte semestre deste ano está previsto entregar outros 113 vehículos todo terreo e roupa para técnicos, así como traxes e botas de auga para o persoal (5.000 unidades en total). Segundo o conselleiro, de cara ao vindeiro ano continuaranse facendo entregas, neste caso de 37 vehículos máis (todo terreos), así como doutros novos equipos de protección individual e roupa técnica.

José González tamén salientou que o obxectivo de todo este esforzo é, en primeiro lugar, mellorar a seguridade destes profesionais e, en segundo termo, optimizar a súa eficacia. Así, indicou que se demostra “o compromiso da Xunta por un operativo anti incendios profesionalizado, versátil, eficiente e ben dotado de medios”. Para rematar, o conselleiro lembrou o seu recoñecemento a todo o persoal que participa na loita contra os incendios forestais, que constitúen un gran problema na nosa comunidade.

Comparte esta noticia