Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


A Xunta destinará o próximo ano 6,4 millóns de euros para poñer en valor as sete reservas da biosfera de Galicia

A Xunta de Galicia destinará durante o ano 2022 6,4 millóns de euros ao impulso de actuacións para a posta en valor da riqueza natural das sete reservas da biosfera declaradas na comunidade. Así o adiantou onte a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante a inauguración en Lugo dunha exposición sobre estes espazos de grande valor en Galicia. Vázquez indicou que os recursos que se reservan para 2022 permiten levar a cabo “accións e proxectos para desenvolver o potencial das reservas da biosfera, que poñan no punto de mira a nivel mundial as excelencias naturais e paisaxísticas de Galicia”. Ademais, destacou que o 50% do orzamento se destinará a axudas para os 86 concellos e ás entidades sociais, ambientais e montes veciñais destes municipios.

 

Por outra banda, establecerase unha orde de axudas de 1,85 millóns de euros para os xestores das reservas As Mariñas coruñesas e Terras do Mandeo, Terras do Miño, Os Ancares lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá e a Área de Allariz. Por último, a Xunta tamén establece 1,3 millóns de euros para promover actuacións nas tres reservas que xestiona directamente, co fin de levar a cabo actuacións para a creación de infraestruturas de uso público.

 

Con motivo do 50 aniversario da creación do programa Persoa e Biosfera (MAB), a Xunta levará ao centro das sete cidades galegas o valor e a riqueza natural das reservas da biosfera de Galicia. Trátase dunha exposición deseñada pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural en colaboración co Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (Ceida), co que poñer en valor a natureza, cultura, a paisaxe, gastronomía e historias destes espazos, como medida de protección. Así, ponse o foco nos valores que atesouran as reservas e a importancia de apostar polo desenvolvemento sostible.

 

A conselleira indicou que a exposición, que arrancou onte en Lugo, permanecerá ata o 6 de decembro, por que “esta provincia atesoura o maior número de reservas de Galicia”, tras a recente declaración da Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel. En Lugo tamén se localiza a reserva do Río Eo, Oscos e Terras de Bourón, a reserva Terras do Miño e a reserva Os Ancares lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá. Ángeles Vázquez defendeu que o patrimonio natural de Galicia “é propiedade dos galegos, polo que con esta exposición tamén se quere incidir e trasladar esta pertenza”. Polo tanto, a campaña visitará a cidade de Ourense desde o 8 ao 11 de decembro; chegará a Vigo o 13 de decembro; saltará a Santiago de Compostela do 18 ao 21 de decembro; en Ferrol poderá visitarse desde o 23 ao 26 de decembro; na Coruña permanecerá a partir do 28 de decembro ata o 2 de xaneiro; e pechará o seu itinerario na cidade de Pontevedra, onde se poderá visitar en xaneiro.

Comparte esta noticia