Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


A Xunta de Galicia aposta por un “sector forestal sustentable”

A Xunta de Galicia aposta por “un sector sustentable, tanto dende o punto de vista económico como social e ambiental, e por un enfoque multifuncional do monte galego que permita aproveitar todas as súas potencialidades e os seus recursos”. Así o ven de afirmar o conselleiro de Medio Rural, José González, nunha visita aos viveiros do Furadouro, situados na localidade portuguesa de Olho Marinho e pertencentes ao grupo Altri. Nestas instalacións, González destacou a importancia do eido forestal para Galicia.

O conselleiro, que estivo acompañado polo director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, e polo director da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal, puxo en valor o interese e o traballo da Xunta por implantar un Polo forestal en Palas de Rei (Lugo). Indicou que se trata dunha iniciativa estratéxica de 750 millóns de euros de investimento e 2.500 empregos directos e indirectos que pode situar a Galicia como referencia na xeración de materiais de futuro. Nesta liña, González destacou que o proxecto que lidea Altri axústase aos criterios establecidos para recibir fondos europeos, uns recursos que se activarán “para impulsar unha economía máis sustentable”.

Ademais, o conselleiro puxo en valor a condición de líder nacional de Galicia na produción de madeira e destacou que na nosa comunidade se rexistran arredor da metade das cortas de toda España. Reiterou a aposta da Xunta pola sustentabilidade desta actividade estratéxica no rural galego, que se materializa no impulso a producións como as de biofibras téxtiles a partir da madeira. Neste sentido, lembrou o “carácter versátil da madeira, con diferentes usos centrados por exemplo no mundo da construción, pero tamén en eidos nos que ten un gran porvir, caso da industria da moda, a través das devanditas biofibras”.

Comparte esta noticia