skip to Main Content

QUE É GALICIA AMBIENTAL?

A asociación de profesionais ambientais – Galicia Ambiental é o punto de encontro e defensa dos intereses dos profesionais do sector medioambiental.

CALES SON OS SEUS OBXECTIVOS?

O coñecemento, divulgación e a posta en valor das boas prácticas ambientais de empresas, institucións ou persoas.

A denuncia ante as administracións, públicas e/ou Administración de Xustiza, Forzas e Corpos de Seguridade do Estado… de prácticas ilegais ou lesivas co medioambiente no ámbito da comunidade de Galicia, indistintamente de que a súa orixe teña relación con accións levadas a cabo por persoas físicas, empresas, institucións, etc.

A participación en foros, órganos consultivos, grupos de traballo… en defensa das boas prácticas ambientais e da protección da saúde ambiental da poboación.

QUEN PODE FORMAR PARTE?

Profesionais independentes e/ou representantes de empresas, institucións, corporacións de dereito público, medios de comunicación, etc… que desenvolven a súa actividade profesional na área medioambiental.

OS NOSOS ESTATUTOS

Coñece mellor os nosos ESTATUTOS

Back To Top