skip to Main Content

FUTURO CIRCULAR – GALICIA 2019

SENSIBILIZACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA, DIVULGACIÓN E DESPLASTIFICACIÓN DE ESPAZOS NATURAIS

DATA DE COMENZO: MARZO DE 2019

Obxectivos prinicpais

Desenvolver un programa de charlas en centros educativos e sociais da Comunidade, entre o mes de marzo de 2019 e outubro do mesmo ano, baseadas na transmisión dos principios e o novo paradigma da ECONOMÍA CIRCULAR.

Aceptar e participar nas invitacións a impartir charlas divulgativas naqueles centros educativos de fóra de Galicia que así o soliciten e que, por relevancia sensibilizadora, así o decida a Xunta Directiva de Galicia Ambienal.

Colaborar con asociacións ambientais, veciñais, etc, na execución de campañas de recollida de plásticos (e outros residuos) en espazos naturais. Estes entregaránse a un xestor autorizado que garantice o seu tratamento adecuado e xestión a través do reciclado dos materiais plásticos/ envases contidos na masa de residuos recollidos.

Profundizar en accións de comunicación, como elemento sensibilizador da sociedade en xeral sobre a problemática da reciclaxe e das verteduras de plástico ao medio natural.

A Asociación Galicia Ambiental organiza, durante o ano 2018, co apoio financeiro da Fundación C&A e o loxístico de TRESIMA Servizos Medioambientais, un ambicioso dobre proxecto: trasladar aos empresarios, traballadores e directivos da próxima década (agora alumnos de instituto) o novo paradigma da Economía Circular, a través de charlas e xornadas técnicas en centros formativos… pero ademáis, dando exemplo práctico con accións de recollida de residuos (sobre todo plásticos) en espazos naturais como praias, ríos ou encoros.

Para elo desenvolveráse unha campaña de sensibilización para o uso responsable dos espazos naturais (cando nos visites, non deixes nada neles) que percorrerá este verán diferentes areais e puntos de interese turístico. A acción rematará cunha gran recollida masiva de residuos que se enviarán a unha pranta de reciclaxe.

O cambio desexado con este tipo de accións (maior grao de implicación e coñecemento das prácticas de consumo responsable e economía circular) aportará ademais unha aprendizaxe (charlas e accións de recollida) tanto teórica como práctica ó longo do proceso e permite, avaliar (entrega de residuos a xestores autorizados) e ver as consecuencias directas dese comportamento (limpeza e nova vida para os refugallos recuperados do medio natural).

CHARLAS E ENCONTROS TÉCNICOS

O colectivo Galicia Ambiental está a desenvolver un programa de sensibilización ambiental centrado na Economía Circular dirixido ao alumnado dos centros educativos. Esta iniciativa procura divulgar este novo paradigma aos máis novos para que sexan conscientes da necesidade de mudar as estratexias produtivas actuais para lograr un maior equilibrio e reducir o impacto ambiental que a actividade humana produce no planeta. Unha concepción que vai moito máis alá do concepto reducionista das 3R, e propón abordar a cuestión dos residuos como parte dun ciclo no que aplicar a sostibilidade ao uso e consumo dos recursos.

Esta iniciativa de divulgación da Economía Circular, posta a andar  pola asociación Galicia Ambiental, cumpre ademais un compromiso co programa da Advanced Leadership Fundation, no que participa Galicia Ambiental. A iniciativa divulgativa impulsada pola asociación está pensada para o alumnado dos últimos cursos de ESO, Bacharelato e ciclos formativos. As sesións permiten ter un primeiro achegamento dos alumnos a este novo paradigma.

Back To Top