skip to Main Content

ÁRBORES DE CINZA 2019

A acción de 2019 baséase en dar continuidade á mensaxe: Pon as cinzas dunha árbore galega no teu fogar; con este xesto porás árbores nos montes afectados por incendios forestais. Se o pasado ano se fixo primeira acción financiada por crowfunding, seguida dunha de creación de infraestruturas patrocinada pola Fundación C&A en Chandebrito…, nesta terceira fase, co patrocinio do Festival da Luz – Boimorto, buscamos dar unha continuidade efectiva ao traballo comezado por medio de xornadas de divulgación en centros escolares e colectivos sociais e cidadáns aos que invitamos a colaborar en accións de reforestación e transmite a mensaxe do proxecto.

Se o ano pasado se focalizou a acción nos montes da parroquia de Chandebrito (Nigrán), este ano duplícase a acción de reforestación paralelamente, incorporando outras comunidades de montes da zona centro de Galicia e acción puntuais no municipio de Boimorto. O obxectivo é confrontar modelos e resaltar a importancia de manter a biodiversidade (recuperar nuns casos e evitar a súa perda noutros).

Todo elo responde á necesidade de pór en valor a territorios “fronteira”, aqueles que por clima e altitude manteñen un alto grao de biodiversidade forestal, sen grandes monocultivos, pero con alto risco de cambio polo abandono poboacional e de actividades agro-forestais no medio rural. En definitiva: fomentar unha mentalidade de prevención activa contra incendios.

Back To Top