skip to Main Content
Galicia Unha Das Comunidades Que Máis Interese Mostra Sobre Sostibilidade

Galicia unha das comunidades que máis interese mostra sobre sostibilidade

En véspera do Día da Terra, que se celebrará mañán 22 de abril, Google presenta o informe “Sostenibilidad energética: El usuario comprometido y la industria”, no que analiza a preocupación polo medio ambiente e o cambio climático da sociedade.

Segundo o estudo, realizado a partir de datos de busca, sondaxes online e da observación de comportamentos nas distintas plataformas nas que opera o xigante tecnolóxico, a sociedade española está máis concienciada co medio ambiente. Nos últimos doce meses (febreiro de 2019 a marzo 2020),  este interese fixo crecer as procuras nun 135 %, con respecto ao ano anterior. Só en marzo, coincidindo co inicio do confinamento pola emerxencia sanitaria, as buscas aumentaron nun 20 % con respecto ao mes precedente.

 

Preocupación polo cambio climático

A existencia e as consecuencias, apoiados en estudos científicos, que o cambio climático ten sobre os diferentes ecosistemas e o medio ambiente son cada vez máis visibles. Ante esta situación, no é de extrañar que a preocupación da sociedade en xeral polo cambio climático tamén vai medrando (84% dos usuarios en España). No territorio nacional, a tendencia revela que 8 de cada 10 persoas móstranse interesadas polo medio ambiente e a sostibilidade. Así, durante o último ano os españois realizaron 130.000 buscas mensuais relacionadas con cuestións como o cambio climático, a contaminación ou a enerxía verde. Amais, o informe destaca que o 78 % dos usuarios do territorio nacional considera importante ou moi importante tomar medidas fronte a crise climática.

 

Galicia, entre as comunidades que máis interese mostra en sostibilidade

Segundo o informe, en tódalas comunidades autónomas as procuras re

lacionadas co medio ambiente aumentaron notablemente, e Galicia atópase entre as dez que experimentaron un maior crecemento. Ainda que é a comunidade de entre o “top 10” que menos incremento rexistra, o certo é que a comunidade galega duplica neste ano o número de buscas en medio ambiente, incrementando nun 100 %, fronte a outras comunidades que ata triplican os seus rexistros anteriores: Castela – A Mancha (230 %) seguida de Cataluña e a Comunidade Valenciana, cun aumento do 220 % e 180 %, respectivamente.

 

 

O perfil sociodemográfico dos máis comprometidos

Neste senso, o informe “Sostenibilidad energética: el usuario comprometido y la industria”, pon de manifesto que no tocante ao xénero está bastante igualado, con todo, indica que as mulleres (52 %) superan lixeiramente aos homes (48 %) no seu interese no medio ambiente e sobre a sostibilidade.

A diferencia si é relevante entre os usuarios que teñen fillos dos que non os teñen. Así, o 69 % dos interesados  non teñen fillos, fronte a un 31 % que son pais e nais.

Por intervalos de idade, destacan as persoas entre 45 e 54 anos, cun 22 %, seguidos moi de preto cun punto menos os usuarios entre os 35 e os 44 anos.

Por intervalos de idade, destacan as persoas entre 45 e 54 anos, cun 22 %, seguidos moi de preto cun punto menos os usuarios entre os 35 e os 44 anos.

Por outra banda, as buscas relacionadas co medio ambiente creceron arredor dun 135 % no último ano e as de enerxía verde fixérono nun 60%. Este dato revela que os usuarios tratan de adaptar os seus comportamentos, pois as principais solucións de enerxías alternativas rexistraron importantes crecementos, con respecto ao ano anterior. Mostra destas procuras está o autoconsumo en cabeza de lista cun aumento do 60 %, seguido das placas solares e baterías solares cun 20 % e a enerxía solar que tivo un crecemento dun 18 por cento.

Back To Top