Saltear al contenido principal
Galicia Recicla Preto De 11 Millóns De Litros De Aceite Usado

Galicia recicla preto de 11 millóns de litros de aceite usado

No 2018, o sistema encargado en España da xestión do aceite industrial usado, SIGAUS, recuperou preto de 11 millóns de litros na comunidade galega, recollendo este residuo en máis de 5.000 puntos distintos de recuperación.

O aceite lubricante que se emprega para o correcto funcionamento dos motores de todo tipo de vehículos e maquinaria, ao final da súa vida útil, convírtese nun residuo perigoso por ser un dos máis contaminantes que existen. O residuo que xeran os lubricantes de motores, son un gran descoñecido para a meirande parte da sociedade, pero temos que ter en conta a súa baixa biodegradabilidade e contén substancias tóxicas e metais pesados cun gran impacto sobre o medio ambiente, se non son xestionados e tratados correctamente.

Malia que o aceite industrial sexa considerada unha substancia moi contaminante, pode recollerse e reciclarse ao 100%, xerando novas materias primas e mesmo enerxía. Segundo SIGAUS, o pasado ano en Galicia, cos case 11 millóns de litros recuperados na nosa comunidade, poidéronse obter 2 millóns de litros de novos lubricantes que retornaron ao mercado e máis de 8.000 de toneladas de CO2 aforradas.

En 2018 en Galicia recolléronse máis de 9.600 toneladas brutas, que inclúe auga e sedimentos cos que o aceite usado soe presentárse, ou o que é o mesmo, na comunidade galega recuperáronse cada día 39 toneladas deste residuo, nos 5.460 establecementos que xeraron aceites usados durante o ano pasado.  O 83% deles son instalacións que produciron un máximo de 2.000 quilos ao ano, cantidades pequenas de aceite usado, e dos cales máis da metade, proceden de talleres de reparación de vehículos.

 

Unha nova vida para os aceites usados

 

Os aceites industriais usados poden convertirse nun recurso con grandes beneficios, pois un correcto almacenamento e entrega por parte dos establecementos que xeran aceites usados fai posible que o residuo sexa aproveitado ao 100%.

Na actualidade, Galicia conta con 12 instalacións encargadas da recollida, almacenamento e tratamento dos residuos. Nestas instalacións os aceites usados son sometidos a tratamentos de rexeneración, outórganlle así unha nova vida tanto como base lubricante e tamén, como combustible industrial. Segundo SIGAUS, co aceite usado recuperado na comunidade no 2018, poideron voltar ao mercado 2 millóns de novos lubricantes.

Amais da rexeneración, o segundo posible tratamento para o aceite usado é a súa descontaminación para fabricar combustible de uso industrial. Evítase así a utilización de outros combustibles tradicionais como o fuel óleo. Gracias a elo, obtívose unha enerxía equivalente a 76 GWh, moi similar a consumida en usos eléctricos por case 21.700 fogares.

Volver arriba