skip to Main Content
Galicia Ambiental Participa Nos Almorzos Temáticos Enmarcados No Proxecto Europeo GEMCAT

Galicia Ambiental participa nos almorzos temáticos enmarcados no proxecto europeo GEMCAT

Este vindeiro mércores 24 de xullo, Galicia Ambiental, participará nos Almorzos temáticos de RSE (Responsabilidade Social Empresarial).

Como parte do proxecto europeo Xeración de Emprego de Calidade Transfronteirizo, GEMCAT, durante este mes de xullo estáse a levar a cabo un ciclo de almorzos de balde en A Coruña e Vigo. Esta actividade que xira en torno á Responsabilidade Social e Empresarial, así como tamén sobre Economía Circular, pretende achegar a información en torno a esta materia a todos os colectivos de empresas.

Nesta segunda semana de almorzos temáticos, o próximo 24 de xullo, contarán coa presenza de Benito García Carril da Asociación Galicia Ambiental que dará conta do novo paradigma de Economía Circular. Baixo o título “Desmontando mitos: A xestión de residuos dende  a perspectiva da economía circular” este almorzó temático, terá lugar a partires das 09:15, no Trend Café de A Coruña.

Amais da participación do presidente de Galicia Ambiental, nesta xornada contarán coa presenza de Ana Rodríguez, docente do proxecto GEMCAT, que abordará as estratexias para a circulariedade aplicadas ao desenvolvemento de productos, a través dunha formación práctica en Economía Circular.

Os interesados en paticipar nesta segunda semana de almorzos temáticos aínda están a tempo de incribirse a través do formulario que poden atopar na páxina web do Laboratorio de Responsabilidade Social Empresarial galego,  RSEInnolab.

Back To Top