Obxectivos principais
Desenvolver un programa de charlas en centros educativos e sociais da Comunidade, entre o mes de marzo de 2019 e xuño do 2020, baseadas na transmisión dos principios e a novo paradigma da ECONOMÍA CIRCULAR.
Aceptar e participar nas invitacións para impartir charlas de divulgación naqueles centros educativos de fóra de Galicia que así o solicitasen e que, por relevancia sensibilizadora, así o decida a Xunta Directiva de Galicia Ambiental.
Colaborar con asociacións ambientais, veciñais, etc… na execución de campañas de recollida de plásticos (e outros residuos) en espazos naturais. Estes serán entregados a un xestor autorizado que garante o seu adecuado tratamento e xestión mediante reciclaxe dos materiais plásticos / envases contidos na masa de residuos recolleitos.
Profundar nas accións de comunicación, como elemento sensibilizador da sociedade en xeral sobre a problemática da reciclaxe e as verteduras de plásticos ao medio natural.