Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


ADEGA traslada á Fiscalía Xeral do Estado a denuncia contra o indulto millonario da Xunta a Greenalia

Compostela, 6 de marzo de 2023. A Fiscalía de área de Santiago de Compostela vén de notificar a ADEGA o arquivo das dilixencias de investigación penal nº 71/22, relativas á denuncia presentada por esta asociación en novembro de 2022, pola modificación ilegal do plan industrial asociado ao proxecto do parque eólico Campelo de Greenalia. Na denuncia expoñíase polo miúdo o contido da resolución de 21 de xullo de 2021, asinada pola entón Directora Xeral de Planificación Enerxética da Xunta de Galiza, Paula Uría Traba, pola que se lle permitiu a Greenalia trocar a opción de monetización do seu plan industrial dándoo por executado en base ao desenvolvemento de certas actividades que nada tiñan que ver coas propias daquel plan industrial. Na nosa denuncia argumentábase que no momento en que se adoptou tal resolución ningunha norma vixente permitía o cambio da opción de monetización á de execución, nin moito menos daba cabida a que un plan industrial derivado do concurso eólico do ano 2010 se tivese por executado con outras actividades distintas ás previstas no plan industrial.

Comparte esta noticia