A NOVA TEMPADA DE PESCA CONTINENTAL COMEZARÁ EN GALICIA O 19 DE MARZO E PROLONGARASE ATA O 31 DE XULLO
Data: 23/02/2023 Visto: 43 veces
Fuente: GABINETE DE COMUNICACIÓN DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
- No
caso do salmón, o período hábil para exercer a actividade irá do 1 de
maio ao 31 de xullo, aínda que poderá acurtarse en función da cota de
capturas
- En
canto á pesca do reo, iniciarase tamén o 1 de maio e rematará o 31 de
xullo, prolongándose en determinadas masas de auga ata finais de
setembro, mentres que a captura da troita comezará xa o 20 de marzo e
estenderase no caso dos coutos conveniados ata o 30 de setembro na
modalidade de pesca sen morte
- Decláranse os luns como días inhábiles, agás os festivos nacionais ou autonómicos, e os xoves non festivos só se poderá practicar a pesca sen morte.