Saltear al contenido principal
SOS: A Bio-invasión Que Nos Ataca E Pon En Perigo O Noso Ecosistema

SOS: a Bio-invasión que nos ataca e pon en perigo o noso ecosistema

Os expertos avisan: o noso ecosistema está en perigo e cada vez está máis preto o desastre medioambiental. A invasión de especies alóctonas avanza a pasos axigantados por terra, mar e aire que ameazan a biodiversidade do noso entorno.

En Galicia son varias as especies invasoras que cada día, por desgraza, collen máis protagonismo no noso entorno, especies como os comunmente coñecidas como “plumachos” ou herba da pampa (cortaderia selloana), a unlla de gato, o escaravello picudo ou as veluntinas, entre un sinfín de especies máis, fan peligrar a superviviencia das especies autóctonas galegas.   Non só desprazan a fauna e flora autóctonas, senón que amais son prexudiciais para a biodiversidade do noso hábitat.

Hai especies invasoras que levan décadas arrasando co noso entrono, e outras sen embargo son máis recentes, pero igual de agresivas e perigosas en termos medioambientais. Segundo un estudo da Comisión Europea, a partir do cal incluíu a finais de xullo do pasado ano de 17 novas especies de flora e fauna ao catálogo de exóticas invasoras preocupantes para a UE, constata que a presencia destas especies teñen “efectos adversos sobre a biodiversidade, os servizos ecosistémicos, a saúde humana ou a economía”, e engaden que é preciso unha acción á escala europea para previr a súa introdución, establecemento e propagación.

 

Herba da Pampa

Quizais xunto coas mimosas sexa unha das especies vexetais invasoras máis coñecidas e que máis presencia ten en Galicia. O “plumacho” ou cortaderia selloana chegou a nosa comunidade, procedente de Arxentina, como unha planta ornamental no sector da xardinería. De feito pasou de empregarse como unha planta para humanizar as marxes da AP-9 a converterse nun dos maiores problemas medioambientais ameazando aos ecosistemas locais e ocupando o espazo de especies autóctonas, pois a partir de aí foise expandindo de forma natural e amais a xente comezou a empregalos para os seus xardíns e a recollelos como adorno para as súas casas, o que provocou que se fose repartindo por todo o territorio.

De feito, unha vez que florecen liberan miles de sementes que o vento pode arrastar ata 25 quilómetros de distancia, de aí que esté incluída no Catálogo Nacional como “unha das vinte especies exóticas invasoras máis daniñas presentes en España” pola súa capacidade para transformar e degradar hábitats.

A especie, conta con unha alta capacidade colonizadora, o que ocasiona problemas na conservación dos ecosistemas naturais, pérdidas económicas por degradación do recurso do solo e da paisaxe, así como tamén problemas de alerxias respiratorias, ao tratarse dunha gramínea. Ademais, dado a gran altura que poden chegar a alcanzar (ata os tres metros) a herba da Pampa axuda a propagar as lapas de incendios con maior facilidade, e que tamén pode invadir zonas arrasadas polos lumes, evitando así que poidan nacer especies autóctonas. Malia a estar presente en todas as provincias españolas, teñen especial incidencias nas rexións litorais do norte.

O problema é que na maioría dos casos, esta planta crece sen control en fincas abandonadas o usen desbrozar, o que multiplica a súa presencia cada vez que ten lugar unha nova floración en polígonos industriais como de A Pobra ou Ribeira pero da que tampouco se libran na área de A Coruña, pero tamén en espazos como os do parque natural de Corrubedo.

Son tales os impactos negativos do “plumacho” que dende o pasado ano, Galicia conta cun plan de acción de loita contra esta especie invasora, no marco do Proxecto LIFE Stop Cortaderia confinanciado pola Xunta de Galicia. O proxecto, que se prolonga durante catro anos, ten como obxecto a posta en marcha dunha estratexia común e trasnacional de loita fronte a cortaderia selloana en todo o Arco Atlántico, evitando a súa proliferación eliminando esta planta en zonas de gran importancia natural como son as dunas ou marismas.

 

Unlla de gato

A Carpobrotus edulis, outra especie invasora orixinaria de Sudáfrica coñecida como unlla de gato e que está moi presente na área coruñesa (Oleiros, inmediacións da Torre de Hércules, Mera…) e moi extendida por toda a costa galega, dende acantilados ata os sistemas de dunas. Trátase dunha planta de vistoas flores fuscias que gaña terreno nas praias galegas e que co paso dos anos converteuse nuha auténtica praga para os nosos ecosistemas.

Aínda que Galicia leva xa anos loitando contra esta especie invasora, mesmo se consegiu erradicar en O Carreirón (A Illa) e Sálvora, inda quedan moitos espazos colonizados por esta especie.

Ao ser unha planta de tipo suculenta, os longos periodos de sequía non supón un problema para a súa supervivencia así como tampouco o chan a limita porque pode chegar a crecer mesmo na area. O seu porte rastreiro e ao tolerar solos onde outras plantas se manteñen con dificultades, a unlla de gato ten campo aberto para expandirse a grandes velocidades e colonizar amplos espazos. Caracteríticas que implican o desprazamento das especies autóctonas.

A unlla de gato posúe un enorme potencial invasor, debido aos seus mecanismos de resproducción, a elevada taxa de crecemento en condicións idóneas, capacidade de rebrote inclusive logo de seren cortadas, importante tolerancia a factores ambientais adversos ou bos mecanismos de defensa fronte aos depredadores, entre outras características que garantizan a súa resitencia e a súa maior extensión.

 

Velutina

A avespa velutina é unha especie invasora que provén de Asia, concretamente da zona norte da India e China. Segundo os estudos esta especie invasora chegou por primeira vez a Europa nun barco, que procedente do porto de Yunnan (China) atracou no ano 2004 en Burdeos (Francia). O buque que viña cargado de cerámica para o cultivo de bonsáis, traía con el polo menos unha avespa reina en hibernación.

A velutina ou avespa asiática, amais de alimentarse do resto de insectos que habitan os campos, común na especie, tamén o fai das abellas autóctonas e emprega a súa carne para alimentar ás larvas.

No tocante á súa apariencia física a velutina é en tamaño maior que as especies autóctonas e posúe unha caracterítica cor amarela nos extremos das patas e unha cor negra no seu abdome que contrasta co amarelo do cuarto segmento desta especie.

Dende a chegada da avespa asiática ou velutina á Península no 2010, esta especie invasora fóise asentando en Galicia de forma vertixinosa.  Tanto é así que ata agosto deste ano 2020 retiráronse na nosa comunidade case 8.500 paneis de velutinas.

A cuestión é que, como ocorre coa herba da pampa, unha vez introducida no territorio comeza a apoderarse de todo e a súa colonización é veloz e de momento imparable, e ao igual que calquera especie invasora comeza a desprazar ás autóctonas.

En tan só sete anos a velutina colonizou toda a comunidade galega e amais do seu impacto en especies autóctonas e outros insectos, producen graves irregularidades nos escoistemas e perdas económicas para sectores como a apicultura ou na produción de froita, entre outros.

Esta especie invasora pode chegar a novas localizacións de forma natural ou pola acción do home. No tocante á forma natural, calcúlase que as velutinas poden colonizar entre 50 e 100 quilómetros de terreno ao ano. Con todo, é a actividade humana a que determina que a súa expansión poida ser máis rápida ou que poida chegar a localizarse en calquera punto do mundo, pois a avespa asiática pode viaxar oculta en barcos e camións. Serán as condicións ambientais as que determinen se a súa colonización teña éxito ou non no lugar na que recaen.

 

Sempreviva

A sempreviva (Helichrysum petiolare) é orixinaria da rexión sudafricana do Cabo. Trátase dun subarbusto sarmentoso, con talos leñosos cubertos de pelos brancos. Aparece en zonas próximas a áreas habitadas, aínda que tamén se expande a zonas naturais.

Esta especie de sempreviva presenta unha chamativa cor prateada e flores amarelas, e está moi presente en grandes extensións de toxales costeiras de gran valor ecolóxico na Rede Natura galega, sobre todo na provincia de A Coruña.

A súa rápida expansión afecta ás especies propias dos nosos toxales, afectando dese xeito á estructura destes valiosos ecosistemas. A sempreviva impide a recolonización das especies autóctonas e tamén compite con elas ao expandirse de xeito impredecible.

E tal a súa capacidade de extensión que os ecoloxistas e expertos advirten que está a “comer” extensión de terreno e que a diferencia do que pasa coa herba da pampa, son moi poucos os que lle están prestando atención a esta invasora. A sempreviva ou planta de regaliz xa resona con forza en zonas como Oleiros, no entrono do Faro de Mera ou en zonas como o Monte de San Pedro, a Torre de Hércules e na costa de Dexo. Unha especie que vai gañando terreno e ocupando espacios naturais a grandes velocidades e en contra do que poida parecer, leva moito tempo presente no territorio galego, sen que polo de agora se tomases decisión drásticas e eficaces para controlar a súa expansión e traballar pola súa erradicación.

Volver arriba