Saltear al contenido principal
Segue Aberto O Prazo De Axudas Para Actuacións De Xestión De Residuos Municipais

Segue aberto o prazo de axudas para actuacións de xestión de residuos municipais

Abre o prazo para a concesión de axudas a entidades locais para financiar actuación en materia de residuos de competencia municipal. Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa Feder Galicia 2014-2020, os interesados poderán solicitar as axudas dende o pasado 13 de maio e terán un mes, a partires desa data, ata que finalice o prazo.

Nesta nova convocatoria, como novidade entre as actuacións subvencionables está a da adquisición de vehículos para a recollida separada da fracción orgánica dos residuos municipais. Tendo en conta a importancia dos biorresiduos, representan o 40 % sobre o lixo total que se xera nos fogares, para a elaboración de fertilizantes naturais, os solicitantes poderán acceder a axudas para a compra de vehículos especiais e así deste xeito, poder tratar este tipo de residuos coas condición específicas que requiren para o seu aproveitamento.

 

As liñas de axuda

Establecen dúas liñas de actuación. Por unha banda, unha destinada a prevención, adecuada recollida, clasificación e preparación para a reutilización de residuos domésticos, entre as que se inclúe a adquisición de puntos limpos móbiles ou a posta a disposición da cidadanía de espazos de autorreparación e intercambio de obxectos e utensilios diversos (mobles, roupa, pequenos electrodomésticos,…).

E pola outra, a segunda liña de actuación céntrase na prevención, recollida separada e valorización dos biorresiduos. Entre os proxectos subvencionables está o fomento da compostaxe in situ e recollida separada da fracción orgánica dos residuos municipais, a partir de contedores, elementos ou medios materias que contribúan a mellorar a cantidade e calidade do servizo.

Nesta nova orde establece que os importes máximos das subvencións poderán nalgúns casos chegar ao 100% dos custos totais subvencionables. Amais, desta volta unha mesma entidade local pode concorrer en varias das actuacións á vez, presentando solicitudes individuais.

 

 

Volver arriba