Saltear al contenido principal
Sanxenxo, Vilagarcía E Oleiros Entre Os 50 Concellos Máis Construídos Do Litoral Español

Sanxenxo, Vilagarcía e Oleiros entre os 50 concellos máis construídos do litoral español

O Observatorio de Sostenibilidad ven de publicar o su informe dos concellos máis contruídos da costa de España. O estudo “Los 50 municipios más construidos del litoral español: áreas urbanas más expuestas a los temporales en la costa”, analiza e localiza as localidades costeiras, rurales antes dos anos 50, que máis transformaron o seu entorno para orientarse cara o turismo de praia, deixando de lado os espazos verdes e protexidos fronte ás zonas residenciais e artificiais.

No informe desvelan que o 40% de concellos urbanizados en primeira liña de costa (destacan a costa malacitana, Alicante e sur de Valencia) alteraron máis da metade do litoral para usos turísticos sobre todo, o que os expón explican “a grandes riscos polo impacto do cambio climático”. Amais afirman que case un tercio das construccións relalizadas nese medio cento de concellos de costa máis urbanizados en España son residencias turísticas e no caso da costa gaditana de oeste, Baleares e illas maiores canarias seguen o modelo de cidade de hoteis.

Malia que a costa norte experimentou un menor desenvolvemento do urbanismo turístico con respecto aos exemplos citados, o informe do Observatorio Sostenibilidad tamén inclúe nestes 50 concellos analizados a algúns das Rías Baixas (Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa e Ribeira) e nas Rías Altas (Oleiros e Ferrol, este último máis polo crecemento do casco urbano que polo desenvolvemento turístico).

 

O caso da costa galega

O estudo ““Los 50 municipios más construidos del litoral español: áreas urbanas más expuestas a los temporales en la costa”, inclúe a varios concellos da costa de Galicia, non tanto polo seu desenvolvemento urbano – turístico pero sí polas construcción de tipo residencial que se expandiron en primeira liña de costa en varias zonas.

 

As Rías Baixas: Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa e Ribeira

Estes concellos das Rías Baixas, son os únicos tres do litorial norte no que se pode falar de turistificación propiamente dito. Se o comparamos co modelo do litorial sur de España, é que as proporcións de casco urbano orixinal, son bastante máis superiores no litoral norte. Isto débese sobre todo ao modelo de ocupación territorial dispersa tradicional de Galicia, vinculado á agricultura minifundista, que determina importantes áreas do que no Mediterráno ou nas illas se identifica como unifamiliares residenciais, en realidade son núcleos urbanos históricos de pequena extensión, na que a súa existencia é allea a turistificación. Con todo o desenvolvemento destes tres concellos é moi diferente entre si.

Sanxenxo é de seguro o concello con máis fama turística de praia do norte de España. O seu crecemento urbano turístico, concentrouse adherido en modelo de baixa densidade na ribeira da ría de Pontevedra, ao estar protexida a liña de costa da Ría de Arousa.

Vilagarcía creceu tomando o seu casco histórico orixinal como centro e expandíndose moito cara o interior en modelo de baixa densidade residencial. É un modelo pouco habitual en concellos de orixe rural turistificados e é máis propio de cidades costeiras. Segundo o estudo o Vilagarcía é un dos concellos dos 50 analizados que maior porcentaxe de casco urbano orixinal mantén na franxa de 500 metros.

Pola súa banda a evolución urbana de Ribeira, explican, que garada bastante parecido a un concello malagueño ou mesmo alicantino. As unifamiliares creceron sen solución de continuidade pola ribeira da ría, e só se frearon polos espazos protexidos e o pouco atractivo que resultan as condicións para o turismo da costa aberta ao mar, fóra da ría.

 

As Rías Altas: Oleiros e Ferrol

Olerios ao igual que ocorre no concello de Ribeira, hai unha clara ocupación  con unifamiliares na maioría dos espazos non protexidos da ribeira, pero atendendo eso sí, ao patrón de ocupación do solo do interior. No informe indican que responde tamén a un intenso e á vez disperso modelo de ocupación residencial na ribeira. Engaden que a expansión está máis ben impulsada pola circunstancia da cercanía coa cidade de A Coruña, e forma parte da súa área periurbana, seguindo o patrón disperso tradicional en Galicia, máis que polo turismo.

No tocante a Ferrol, as importantes superficies da franxa de 500 m artificializadas, débense sobre todo ao desenvolvemento e crecemento denso do casco urbano ferrolán, e das súas infraestructuras portuarias. Mentras que a súa expansión residencial fóra do casco urbano é escasa na ribiera mariña. O Observatorio de Sostenibilidad compara as construccións e as súas características como as de Alxeciras no sur, pero así e todo descartan tamén a súa turistificación.

 

Medidas radicais para o futuro

O Observatorio de Sostenibilidad explica no estudo publicado que na actualidade son “dous os grandes procesos que se atopan en colisión na costa española, por unha parte, o desenvolvemento do complexo indiustrial turístico – residencial que determinou a expansión de auténticas cidades coteiras en territorios rurais antes dos anos 50 chegando ata a primeira franxa de costa nos primeiros cincocentos metros, e por outra parte o proceso do quecemento global que fai que aumenten a frecuencia e intensidade dos temporais, cambios de correntes, ventos, mareas, alturas das ondas, aumento do nivel do mar, restrocesos das zonas areentas”. De aí, que as construcción en primeira liña do mar presentan un elevado risco e quedarán cada vez máis afectadas polos efectos do cambio climático.

Para frear o impacto destes dous procesos fai imprescindible tomar medidas radicais no futuro para evitar consecuencias nefastas como os importantes “desequilibrios ecolóxicos e sociais que inclusive poderían levar á destrucción destas zonas urbanas por eventos meteorolóxicos extremos”, e polo tanto tamén por conseguinte, a pérdidas económicas e sociais.

Este modelo de crecemento urbano tan rápido (no que prevalece a economía e a construcción canto máis preto da auga mellor) obviou, pola gran maioría dos 50 concellos analizados, todo compromiso coa sostibilidade social, ambiental, a exposición a riscos naturais e a sostibilidade económica do turismo a longo prazo.

Para os expertos do Observatorio de Sostenibilidad as mellores recomendación para evitar os impactos negativos “pasa por devolver ao mar os terreos máis en perigo e vulnerables, isto é, dar un paso atrás nas costas máis vulnerables, necesidade de diagnóstico e propostas para cada zona co elevado risco para minimizar os perigos por inundacións, temporais, así como tamén adaptarse ao cambio climático”.

Engaden que é preciso unha moratoria na construcción e un reforzo real das áreas protexidas no litorial, cun inventario e protección do patrimonio integral, así como medidas para solucionar os graves problemas existentes como a deficiente calidade das augas e a necesidade de construír novas e mellores depuradoras, e unha nova lei do litoral que derrogue a do 2013 e que inclúa o cambio climático e a necesidade de adaptación ao mesmo.

 

Volver arriba