Saltear al contenido principal
O Encoro De As Conchas Volve Tinguirse De Verde

O encoro de As Conchas volve tinguirse de verde

A asociación Amigos da Terra alerta da contaminación por cianobacterias no encoro das Conchas. Din que nesta tempada estival, rexistrouse un empeoramento da calidade das súas augas e segundo unha analítica relaizada o pasado 19 de agosto mostrou unha alarmante presenza de cianobacterias.

Engade  a entidade que na última semana produciuse unha proliferación desta bacteria, “favorecida polas altas temperaturas, máis horas de luz e un exceso de nutrientes”, sobre todo nitratos provintes das explotacións gandeiras da comarca da Limia. Unha situación que se convirte no escenario perfecto para que proliferen as cianobacterias, e que polo tanto afectan á salubridade e ao estado sanitario das augas.

Destacan Amigos da Terra que na zona de Portoquintela, no concello de Bande, alcanzouse o nivel máximo de risco de proliferación desta bacteria, superando o reconto de cianobacteria as 100.000 cél/mL ou foron cauntificadas toxinas nas análises realizadas ou ben detectouse escumas e natas de cianobacterias en áreas que poden ter contacto directo  cos bañistas, polo que existe risco de inxestión ou aspiración deste contaminante. Precisamente a presenza destas escumas son indicadoras dunha alta probabilidade de efectos adeversos para a saúde das persoas que teñan un contacto coas augas afectadas. Por iso, non se permitiría nin o baño nin realizar actividades acuáticas na zona de Portoquintela.

Lembran dende Amigos da Terra que para solucionar a contaminación por cianobacterias é preciso “atallar a problemática da xestión dos residuos gandeiros producidos polas explotacións da comarca da Limia e Baixa Limia”. Amais, recordan que existe un informe recente realizado polo Ministerio de Transición Ecolóxica que alerta do risco de contaminación por nitrato en augas dos ríos en varios puntos da comarca de Xinzo de Limia.

Volver arriba