Saltear al contenido principal
Nova Campaña Para Eliminar Puntos De Vertidos Incontrolados En Galicia

Nova campaña para eliminar puntos de vertidos incontrolados en Galicia

A Consellería de Medio Ambiente , Territorio e Vivenda destina para este ano un millón de euros pata axudar aos concellos a eliminar uns 150 puntos de vertido incontrolados que se espallan pola xeografía galega.

Os puntos de vertido incontrolado, nos que se acumulan residuos sólidos de moi distinta natureza, supoñen un risco para a saúde pública, poden ser orixe de incendios e accidentes e amais, constitúen un importante foco de contaminación e producen un impacto ambiental e paisaxístico negativo.

Esta nova actuación está confinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e enmárcase nunha campaña que se leva desarrollando dende o 2014 para axurdar aos concellos ao cumprimento das súas competencias en materia de residuos urbáns e contribuir a eliminar este tipo de focos de contaminación.

Aínda que os traballos a acometer dependerán das solicitudes recibidas por parte dos concellos, a maioría das obras encomendadas serán actuacións de clasificación dos residuos para a súa reciclaxe ou valorización e acondicionamento dos residuos inertes e na revexetación.

Volver arriba