Saltear al contenido principal
MULTIPLES DENUNCIAS SOBRE SOGAMA, POSTAS EN EVIDENCIA HOXE NO PARLAMENTO.

MULTIPLES DENUNCIAS SOBRE SOGAMA, POSTAS EN EVIDENCIA HOXE NO PARLAMENTO.

A directora xeral de Calidade Ambiental, Sustentabilidade e Cambio Climático, María Sagrario Pérez Castellanos, admitiu que “non saíu ningunha cantidade” de compost da planta de biorresiduos de Sogama en Cerceda desde a súa posta en marcha. Foi en comparecencia informativa no Parlamente, a petición do portavoz de Medio Ambiente do BNG, Luís Bará que solicitou, a través dunha pregunta ao goberno, os datos sobre o impacto ambiental da planta incineradora de SOGAMA, a capacidade dos vertedoiros e porcentaxe de ocupación, as previsión para cumprir o Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galiza e a valoración da Xunta sobre o funcionamento da planta de compostaxe de Cerceda. Tras a intervención da directora de Calidade Ambiental, María Sagrario Pérez Catellanos, o deputado do BNG criticou o seu descoñecemento da “avaría en SOGAMA” e que eludira responder ás cuestións formuladas polo BNG.

O deputado denunciou “as irregularidades do complexo de SOGAMA e o uso fraudulento” por considerar que “cobra por un servizo que non cumpre” e anunciou que o BNG estuda emprender accións contra este fraude.

Nun xogo de palabras, Bará propuxo cambiar o nome de SOGAMA, Sociedade Galega de Medio Ambiente por “SOGAIN, Sociedade galega de Incineración e vertedoiro” porque SOGAMA, dixo, dedicase a iso, “a queimar e verter” ao que sumou as emisións contaminantes que produce e que a converte “nunha grande fábrica de cambio climático”.

Según o deputado nacionalista “SOGAMA é un modelo “obsoleto, ineficiente, centralizado e custoso” pero ademais representa un “entramado de empresas” e unha xestión deficiente. Neste entramado, están as plantas empacadoras, sistema de transporte e o complexo de incineración e vertedoiro de Cerceda. Existe un “cúmulo de irregularidades e unha conivencia preocupante entre a empresa que xestiona asempacadoras e a UTE que xestiona o transporte” porque, en parte, son a mesma, o “Grupo Valtalia” con catro grandes contratos para o monopolio de toda a xestión de Cerceda e que superan o 500 Millóns de euros. Abundou en que “por outra banda, existen vínculos familiares entre Valtalia e Copasa que xunto a Renfe xestiona o transporte do lixo a SOGAMA, engadiu”.

“Algo cheira a podre en Cerceda” e se está a verter “a caño libre” no vertedoiro de Areosa sen pasar previamente pola planta de SOGAMA, aseverou o nacionalista. Bará pide medidas urxentes para que Galiza non rexistre un accidente como o de Zaldibar

O deputado criticou que Pérez Castellanos non respondera sobre as medidas previstas pola Xunta ante a “avaría na planta de incineración” que condiciona todo o sistema e na planta de clasificación o transporte emprega ate 10 horas agardando para descargar os camións que ante o colapso son desviados a verter no vertedoiro. “Non poden descargar porque hai unha avaría”, circunstancia que vostede descoñece, e que nos crea unha grande preocupación, reiterou.

Por outro lado, lembrou as condición de traballo no vertedoiro de Areosa no que “un camión ten que transportar o lixo co eixo no aire e por unha superficie inestable e flotante” polo que pediu medidas urxentes para que non se rexistre en Galiza un accidentes como o de Zaldibar. Existen escritos dos condutores que están alertar desta situación, remarcou.

O deputado criticou o modelo de tratamento de residuos do PP baseado na incineración e depósito en vertedoiro, formula criticada mesmo pola Comisión europea. “É un erro”, aínda que o goberno galego pretenda maquillar esta realidade “con plantas de compostaxe” porque sabemos como funciona Cerceda.

Volver arriba