Saltear al contenido principal
A Devesa Da Rogueira O Primeiro Bosque De España En Obter A Certificación FSC

A Devesa da Rogueira o primeiro bosque de España en obter a certificación FSC

A Devesa da Rogueira obtén a certificación FSC que acredita os seus beneficios á conservación da biodiversidade. Este bosque singular de Lugo é un dos mellores conservados de Galicia, amais é o primeiro en España e o segundo en Europa en conseguir esta certificación.

O recoñecemento FSC fóille outorgado á Devesa da Rogueira polos seus servizos ao ecosistema que aporta en canto á conservación da biodiversidade, pero tamén por manter unha exemplar xestión sostible dos recursos.

Os 32 habitantes e propietarios do monte, que pertence ao concello de Folgoso do Courel, agardan que esta certificación FSC se convirta nunha oportunidade para promover o potencial que ten a localidade. Para os propietarios das 615 hectáreas do monte veciñal en man común, que conforman a Devesa da Rogueira, trátase dun premio e un recoñecemento aos seus esforzos por conservar este espazo natural “ao igual que o facían os nosos maiores”, así como unha oportunidade para mellorar a súa calidade de vida.

 

A Devesa de Rogueira, o corazón verde da Serra do Courel

As devesas son bosques húmidos de tipo atlántico orientados ao norte. Hoxe en día, na Serra do Courel existe unha diminución desta áreas forestais, e as que hai, atópanse en zonas de difícil acceso y de pendentes elevadas. A Devesa de Rogueira, pertencente á Comunidade de Montes Veciñal e Man Común de Rogueira e Cabana, é o maior entorno forestal da Serra do Courel. Con máis de 600 hectáreas de bosque primario e cunha gran diversidade arbórea, na que destacan os soutos de castiñeiros, nos últimos anos forma parte das novas áreas de recuperación do oso pardo.

A Devesa de Rogueira trátase dun encalve único en Galicia, amais forma parte da Rede Natura 2000 e foi declarada pola Xunta de Galicia Zona de Especial Protección dos Valores Naturais.

 

Volver arriba