skip to Main Content
Ecoloxistas En Acción Galiza Advirte De Que O Camiño Primitivo Pode Ser €atropelado” Pola Xunta E O Concello De Fonsagrada

Ecoloxistas en Acción Galiza advirte de que o Camiño Primitivo pode ser “atropelado” pola Xunta e o Concello de Fonsagrada

Ecoloxistas en Acción Galiza alerta de que a Xunta de Galicia e o Concello de Fonsagrada aprobaron o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Fonsagrada. Este plan empraza un polígono industrial que afecta considerablemente o Camiño Primitivo, declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco. A organización, xunto con un grupo de veciños, solicitaron ao Comité Nacional Español do Consello Internacional de Monumentos e Sitios (ICOMOS) un informe ante esta situación.

 

Así, ICOMOS emitiu un informe sobre a afectación ao Camiño Primitivo de Santiago do polígono industrial de Fonsagrada e a súa rotonda de acceso. No documento contémplase a posibilidade da súa localización en, polo menos, tres lugares distintos próximos ao núcleo urbano. Segundo Ecoloxistas en Acción Galiza, a elección da actual localización xustifícase unicamente por intereses partidistas da Xunta e do Concello de Fonsagrada. Polo tanto, “non é viable o emprazamento onde se pretende construír ese polígono industrial”.

 

No Plan Xeral de Ordenación Municipal da Fonsagrada non se aprecia a necesidade inmediata deste polígono, tendo en conta que a 30 quilómetros, en Cádavo-Baleira, leva máis de 10 anos construído un polígono industrial. Nel, unicamente hai dúas naves (unha que serve de almacén e a outra que non ten ningún tipo de actividade), estando mellor situado que o de Fonsagrada, a 15 quilómetros da Autovía A Coruña-Lugo-Nadrid e a 30 quilómetros de Lugo. Ademais, tamén se menciona o polígono industrial de Castroverde, que leva máis de 5 anos executado e con só dúas naves sen ningún tipo de actividade, e mellor situado que os anteriores.

Back To Top