skip to Main Content
Dobre Celebración En Carballo Coas Aves Como Protagonistas

Dobre celebración en Carballo coas aves como protagonistas

O Auditorio Fórum de Carballo é o lugar elexido para celebrar este sábado 25 de maio un dobre aniversario. Por una banda, a Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) cumpre 20 anos de dedicación á observación, estudo e conservación das aves e dos seus hábitats na nosa comunidade. E pola outra, a norma coñecida como Directiva Aves celebra o seu 40 aniversario. Esta norma comunitaria, que marcou un fito histórico na conservación do medio ambiente e en particular das aves e os seus hábitats, establece a protección detas especies europeas mediante, entre outros, o establecemento de Zonas Especiais de Conservación para as Aves (ZEPA), que forman parte da Rede Natura 2000.

Na actualidade, unha parte importante do territorio da Unión Europea ostenta a categoría de ZEPA, preto de 650 están en España que representan máis do 20% da superficie do estado. Galicia conta con 16 zonas especiais que abarcan unhas 88.000 hectáreas de superficie terrestre e 13.000 hectáreas mariñas, repartidas polas franxas costeiras e as montañas do interior de Lugo e Ourense.

Unha análise do estado das ZEPAS galegas

Co gallo do 40 aniversario da Directiva Aves, a Sociedade Galega de Ornitoloxía celebrará na mañá do sábado a xornada “Pasado, presente e futuro das Zonas de Especial Protección para as Aves en Galicia”. Neste encontro, aberta ao público e de balde, contará con diversas ponencias impartidas por expertos da SGO e de Octavio Infante, responsable do programa de conservación de espazos da Sociedade Española de Ornitoloxía/Birdlife, principal entidade conservacionista de España.

Nesta xornada daráse conta do estado das ZEPA galegas e as aves, así como tamén sobre as eivas na súa xestión que están a comprometer a conservación deste patrimonio natural e potencial fonte de desenvolvemento do rural da nosa comunidade. Ademáis contarán coa presencia de representantes do concello de Carballo e da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.

Back To Top