skip to Main Content
CRECEN OS HUMEDAIS PROTEXIDOS EN GALICIA, LOGO DA PROPOSTA DO MINISTERIO.

CRECEN OS HUMEDAIS PROTEXIDOS EN GALICIA, LOGO DA PROPOSTA DO MINISTERIO.

 

A inclusión do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas na Lista Ramsar converterá a Galicia na terceira comunidade española cun maior número de humidais distinguidos con este recoñecemento de carácter internacional, concretamente seis, logo da sua tramitación polo Ministerio. Así o subliñou esta mañá a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, quen visitou o arquipélago de Cíes. A  candidatura do Parque Nacional para entrar na listaxe de humidais de importancia internacional foi ratificada a semana pasada polo Consello de Ministros, só Andalucía e Valencia superan a Galicia no ranking estatal de zonas Ramsar, no que ocupa o terceiro posto xunto ao País Vasco.

 

En total e contando xa coas preto de 8.500 hectáreas correspondentes ás Illas Atlánticas, os seis humidais galegos de importancia internacional suman 16.178 hectáreas, de xeito que a incorporación do Parque Nacional suporá duplicar a superficie galega incluída ata agora na Lista Ramsar. Cómpre lembrar que as outras zonas húmidas da Comunidade son a ría de Ortigueira e Ladrido; a lagoa e areal de Valdoviño; o complexo intermareal Umia-O Grove-A Lanzada; o complexo das praias, lagoa e duna de Corrubedo; e a ría de Ribadeo. Así mesmo, tal e como subliñou Ángeles Vázquez, esta nova distinción supón tamén un pulo importante para o recoñecemento internacional da importancia e riqueza patrimoniais que atesoura este espazo. De feito, lembrou que á falta tan só de que a Unesco ratifique a súa inclusión na Lista Ramsar, as Illas Atlánticas poden presumir xa de concentrar seis das principais figuras de protección medioambiental que existen. Forma parte da Rede ÓSPAR de áreas mariñas protexidas, é Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA), tamén Zona de Especial Conservación (ZEC), conta coa declaración de Lugar de Interese Comunitario (LIC), e no ano 2002 converteuse en Parque Nacional, o único que hai en toda Galicia.

O Parque Nacional, conformado polos arquipélagos de Cíes, Ons, Cortegada e Sálvora, integra unha variada vexetación, coa presenza de polo menos sete especies de flora vascular asociadas a humidais ameazados e 34 endemismos –área de distribución única e limitada que alberga unha especie de planta ou animal-, algúns deles exclusivos.

Back To Top