skip to Main Content
Caza E Agricultura Enfrontadas Por Oportunismos Políticos E Sindicais

Caza e agricultura enfrontadas por oportunismos políticos e sindicais

Tal e como publicaba recentemente La Voz de Galicia, comenza en Galicia a campaña de ensilado de millo. De manterse o bo tempo, os produtores estiman que a produción por hectárea nalgunhas zonas podería chegar a superar os 50.000 quilos. Marcos García Vázquez, técnico de campo da multinacional de sementes Dekalb, explicaba que hai zonas máis achegadas á costa onde resultará relativamente sinxelo superar incluso as 5 toneladas por hectárea. Segundo o seu criterio, a colleita deste ano podería ser incluso mellor que a do ano pasado. Este ano sementáronse en Galicia case 70.000 hectáreas de millo forraxeiro, o que supón o 75% do total estatal. De cumprirse as previsións, a cantidade de alimento que recollerán as granxas rondará os tres millóns de toneladas. En termos económicos, equivalería a máis de 110 millóns de euros de desembolso se tivese que ser substituído pola compra de alimento fóra da explotación.

 

Por outra parte, cabe destacar que a maior parte dos danos á agricultura son danos a milleirais, que proliferaron espectacularmente durante os últimos anos e que precisamente tense como unha das causas que tamén están axudando ao crecemento de poboacións de xabaril. É dicir, os cambios medioambientais tamén están favorecendo que medren as poboacións desta especie.

 

Jacobo Feijoo, responsable da área de desenvolvemento rural de Unións Agrarias, publicou un artigo o domingo antderior da mesma semana sobre os danos causados polo xabaril nesta campaña de millo. “Os danos no agro galego que suman non menos de doce millóns de euros cada ano nas explotacións de forraxe, aos que hai que sumar os accidentes de tráfico provocados por esta fauna, que xa superan o número de 3.200 cada ano nas estradas galegas”. No artigo, engadía que “o pago xusto dos danos non vai ser posible mentres sexan os tecores e as sociedades de caza os que carguen coa responsabilidade do pago dos mesmos, pois a caza social galega non ten doce millóns de euros de ingresos recorrentes nin de lonxe”.

 

Isto non responde á realidade. Como se pode ver, Unións Agrarias eleva os danos do xabaril ao millo forraxeiro aos 12 millóns de euros ao ano. Resulta ireal dita cifra, ou é un dato esaxerado que resta credibilidade á súa loita contra o xabaril e a busca da complicidade da administración. Galicia cultiva cada ano entre 70 mil a 80 mil hectáreas de millo para forraxe (o que equivalería a unha produción de entre 2 a 2,5 millóns de toneladas de millo forraxeiro, cun valor aproximado de 100 millóns). Polo tanto (tomando as mesmas referencias do lider sindical), isto supoñería que ao redor dun 12% do cultivado quedaría arrasado polo xabaril. Isto equivale a unha superficie dunhas 10.000 hectáreas (dez mil campos de fútbol) inservibles. É dicir, unha terceira parte do concello de Lalín. É unha cifra que semella desproporcionada e que convida á devandita organización a que non falte ao rigor nas súas reclamacións. Así, desvirtúase esaxeradamente a realidade do xabaril e condiciónanse as posibles accións e decisións de xestión sobre a especie que fosen necesarias. Con datos veraces, as medidas poden ser outras, sen ter que declarar emerxencias cinexéticas sobre unha base irreal do problema.

 

O pago xusto dos danos non vai ser posible mentres sexan os tecores e as sociedades de caza os que carguen coa responsabilidade do pago dos mesmos, pois a caza social galega non ten doce millóns de euros de ingresos recorrentes nin de lonxe. A propia organización agraria non dubidou en levar a TECORES ao xulgado por medio dos seus asociados, e sendo o mesmo autor do artigo perito que declarou, para que finalmente saíran sentenzas condenatorias. Por exemplo, a que responsabilizou ao TECOR de Dozón dos danos, e obrigándolle a pagar unha importante suma que deixa aos cazadores do TECOR na obriga de ter que pagar persoalmente os danos denunciados.

 

  • Enlace á información e artigo de opinión citados:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/somosagro/ganaderia/2021/08/30/galicia-espera-cosecha-record-maiz-50000-kilos-hectarea/00031630345876906824145.htm?utm_campaign=01-09-21&utm_medium=email&utm_source=acumbamail

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2021/08/29/span-langgl-historia-interminable-do-xabarilspan/0003_202108G29P13997.htm

 

Back To Top