skip to Main Content
Cada Galego Depositou Uns 18 Quilos De Vidro No Colector Verde No 2020, Un 5% Menos Que O Ano Anterior

Cada galego depositou uns 18 quilos de vidro no colector verde no 2020, un 5% menos que o ano anterior

Segundo o informe de resultados elaborado por Ecovidrio, entidade encargada da xestión da reciclaxe de residuos de envases de vidro en España, a sociedade galega depositou unha media de 322 envases por minuto.

Isto é, na nosa comunidade recolléronse un total de 49.380 toneladas de residuos de vidro depositadas nos colectores verdes, o que supón un 18, 3 de quilos por habitante ao longo do 2020. En termos absolutos, en 2020 rexistrouse un descenso nas toneladas recollidas, un 5% respecto da cifra de 2019, a consecuencia das restricións e peches perimetrais pola Covid 19, apuntan.

 

A recollida do vidro por provincias

Das pouco más de 49.000 toneladas de residuos de envases de vidro que se recolleron dos contedores verdes na nosa comunidade, as cifras por kg e habitante varía segundo a provincia.

Mentres que nas provincias de A Coruña e Pontevedra se recolleron 18,1 e 17,7 quilos por habitante respectivamente,  en Lugo e Ourense, esta baixa nuns 3 puntos, unha media de 15,6 kg/habitante.

Se atendemos ás principais cidades galegas (A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra), ningunha delas chega á media da comunidade, e en A Coruña por exemplo, recuperáronse uns 15 kg/habitante mentres que en Lugo tan só 11,3.

Datos recollida vidro nas cidades provinciais galegas. (Fonte: Ecovidrio)

Datos recollida vidro nas cidades provinciais galegas. (Fonte: Ecovidrio)

Ben é certo que a reciclaxe de vidro non foi allea á consecuencias da pandemia, pois resxistrouse un descenso nas toneladas recollidas debido aos peches e restricións do turismo en xeral e dos sector Horeca (Hostalería, restauración e catering) en particular, responsable de máis do 50% dos envases de vidro do mercado. Aínda así, as cifras en Galicia están moi lonxe das rexistradas noutros territorios como Baleares (28 Kg/hab), País Vasco (26,3 Kg/hab), La Rioja (24 Kg/hab), Navarra (23,8 Kg/hab) e Cataluña (22,1 Kg/hab) que están á cabeza do ranking.

 

 

Back To Top