skip to Main Content
Adega Pídelle A Xunta Que Non Antepoña  A Saúde Ambiental E Cidadá ás Pretensións De Alcoa

Adega pídelle a Xunta que non antepoña a saúde ambiental e cidadá ás pretensións de Alcoa

Hai uns días Adega, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, esixiulle á Xunta que non antepoña a saúde ambiental e cidadá ás pretensións da multinacional Alcoa de seguir superando os límites de emisións contaminantes á atmósfera (emisións de flúor) na súa planta de As Mariñas (fabricación de ánodos). Engaden, que a empresa recoñece que nalgúns procesos superan os límites de flúor e mesmo noutros, non realizan ningún tipo de control, de aí que Alcoa solicitase ao goberno galego unha excepción para o cumprimento dos valores mínimos legais. Ante esta situación, Adega, acusa a Alcoa de “chantaxear” á Xunta de Galicia ao pedir “más contaminación a cambio de postos de traballo”.

No tocante ás verteduras ao medio acuático, a Xunta autorizoulle en 2017 elevar os valores límite de emisión do flúor, establecidos en 8 mg/l ao mes, a máis do dobre en 2018, 15 mg/l en 2019 e 10 mg/l en 2020.  Neste caso, o argumento empregado pola empresa era o de “executar o proxecto de peche e clausura do depósito de barros vermellos con seguridade, ao permitir evacuar a auga superficial existente no depósito mineiro ata alcanzar 250.000 m3”. ADEGA explica que como Alcoa non conseguíu evacuar todo o excedente de auga da balsa polas “intensas choivas  ocurridas no ano 2018” xustifica,  a empresa pide agora elevar de novo os valores máximos de flúor nas súas verteduras ata 15 mg/l en 2020 e 10 mg/l en 2022.

Contaminar máis por postos de traballo

Esta petición, por parte da multinacional, xorde logo de que presentase ante a Xunta a documentación para renovar a Autorización Ambiental Integrada (AAI) das plantas de alúmina e aluminio en San Cibrao. Segundo denuncia Adega, a anterior AAI foi en 2006, renovada en 2013 e modificada de oficio en 2017 “para ampliar o caudal e os límites de contaminantes nas verteduras” ata o 2020. Na documentación presentada, están ademais os dos enormes consumos de auga e enerxía, e das emisións detalladas por Alcoa.

A asociación ecoloxista indica, que a xustificación da empresa, “é porque non lles saen as contas, e adoptar melloras técnicas suporía custosas inversións”, amais engaden que suprimir o proceso contaminante, “deixaría na rúa a 35 persoas”. De non elevar os máximos de flúor nos verquidos acuáticos conlevaría pechar a planta de fabricación de aluminio primario, e iso traduciríase no despidimento de 580 traballadores, adventura Alcoa.

ADEGA, pídelle á Xunta que non caia nas pretensión de Alcoa e non antepoña a saúde ambiental e cidadá ao seguir superando pos límites contaminantes, cedendo “á ameaza” da perda de postos de traballo. Engade a asociación, que ademais o goberno galego debería esixirlle á empresa que os seguros de responsabilidade civil e medioambiental cubran todos os danos que poidan derivar dun peor accidente posible.

 

Back To Top