skip to Main Content
A Xunta Rexeita O Proxecto Da Mina De Touro E O Pino

A Xunta rexeita o proxecto da mina de Touro e O Pino

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático emitiu unha declaración de impacto ambiental (DIA) negativa ao proxecto de actualización da explotación mineira de cobre dos concellos coruñeses de Touro e O Pino. Pónse así fin á tarmitación ambiental da iniciativa mineira que comezou xa en outubro do 2018.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, explicou esta mesma tarde que logo de “dous informes desfavorables” e “insalvables” de Patrimonio Natural e de Augas de Galicia, o proxecto da mina de Touro-O Pino “tal e como estaba redactado non garantizaba a sostenibilidade ambiental”, polo que o proxecto queda rexeitado.

O ditame negativo da DIA, ademais dos informes técnicos, está avialiado dende o “propio marco lexislativo actual” explican dende a Consellería. Engaden, que se basea por unha banda, na “constatación dunha afección real na zona derivada da actividade proposta” e pola outra, confirma que o proxecto “aumentaría a presión hídrica sobre o río”. Amais, o informe emitido pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural sinala que esta actividade,  que se desenvolvería nun espazo próximo a unha Zona de Especial Conservación (ZEC), non quedaban garantidas as “correspondentes medidas protectoras e correctoras necesarias”.

Agora, esta declaración de impacto ambiental negativa, trasladaráse á Consellería de Industria para pór fin a este proxecto mineiro.

 

Back To Top