skip to Main Content
A USC Acollerá Os Primeiros Cursos Para Calcular Os Beneficios Ao Ecosistema Dos Bosques Nacionais Organizados Por FSC

A USC acollerá os primeiros cursos para calcular os beneficios ao ecosistema dos bosques nacionais organizados por FSC

A ONG Internacional que vela pola sostenibilidade forestal, FSC – Forest Stewardship Council, desenvolveu unha metodoloxía pioneira para calcular os beneficios ao ecosistema. Esta metodoloxía, promoveráse por España a través dunha serie de talleres técnicos, tendo lugar o primeiro deles na Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) da Universidade de Santiago de Compostela, os vindeiros días 12 e 13 de setembro.

 

Contarán coa presenza de diferentes expertos como Silvia Martínez, directora técnica de FSC España, Petra Westerlaan especialista nos Servizos do Ecosistema de FSC Internacional, Francisco Omil subdirector da ETSE e Alberto Rojo, profresor de Enxeñaría Agroforestal na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC en Lugo.

 

O procedemento desenvolto por FSC, permite verificar os beneficios que unha correcta xestión forestal ten sobre os servizos do ecosistema. Esta ferramenta á súa vez pode ser empregada por empresas ou os propios gobernos para mostrar o impacto positivo que poden ter as súas compras, pagos e inversión no mantemento e mellora dos servizos do ecosistema: conservación da biodiversidade, almacenamento de carbono, servizos nas cuncas hidrográficas, conservación do solo e servizos recreativos.

 

As propias masas forestais certificadas co FSC convertéronse nos laboratorios naturais para que a organización, que ten como obxecto promover a xestión forestal ambientalmente apropiada, socialmente beneficiosa e económicamente viable; desenvolvese esta metodoloxía. Piñeiros, carballos e sobreiras dos Parques Naturais das Fragas do Eume, da Serranía de Cuenca e da Serra de Aracena e Pico de Aroche en Huelva, beneficiáronse dos traballos que se puxeron en práctica para conseguir o procedemento que mellore a adaptación dos bosques ao cambio climático.

 

Os cursos organizados FSC, van dirixidos a técnicos e licenciados relacionados co medio ambiente, como a empresas, asociacións, propietarios e xestores forestais ou mesmo centros de investigación.  A inscrición é de balde pero é preciso encher o formulario deste enlace: http://bit.ly/2SROI21.

 

Programa dos talleres: https://es.fsc.org/preview.programa-curso-presencial-certificacin-fsc-de-servicios-ecosistmicos-agua-biodiversidad-carbono-recreo-y-suelo-del-monte-gallego-al-mercado-global.a-540.pdf

 

Back To Top