Conservación das aves

Taller sobre a conservación das aves

A Sociedade Galega de Ornitoloxía organiza mañá un taller sobre a conservación das aves 

Na sesión tamén tratarán a estratexia de protexer as aves dende a denuncia

30-11-2018

A Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) realiza mañá sábado, día 1 de decembro, nos locais do Matadoiro en Santiago de Compostela un taller de traballo e debate en torno a análise da viabilidade e potencial da denuncia xudicial no incumprimento da normativa e lexislación en conservación de aves en Galicia.

Contarán coa participación de distintos expertos en lexislación ambiental e a participación de entidades conservacionistas de ámbito estatal como a Sociedad Española de Ornitología (SEO/BirdLife), e de ámbito galego como a SGHN e ADEGA. A xornada pretende servir para realizar unha análise do grado de cumprimento da normativa en torno ás especies protexidas e os seus Plans de Conservación. Tamén abordarán o grado de cumprimento das Directivas Aves e Habitat de onde deriva a Rede Natura 2000.

Na sesión tamén se debaterá a oportunidade e viabilidade da denuncia administrativa, da denuncia ante a Fiscalia de Medio Ambiente, da denuncia ante a Unión Europea ou calquera outro tipo de ferramenta legal de cara a alcanzar un maior grado de cumprimento da leis de conservación entorno as nosas aves en Galicia.

Consulta o programa completo da sesión.