DbIlFutWsAAt8fY.jpg-large

Sobreiral do Arnego

ADEGA continúa esta fin de semana as actividades do proxecto Custodiando o Sobreiral do Arnego

O colectivo ecoloxista evaluará a biodiversidade da zona e continuará coa construción de refuxios

20-04-2018

ADEGA recibiu unha axuda da Fundación Biodiversidad para desenvolver actuacións de divulgación, estudo e conservación no Sobreiral do Arnego, no que ADEGA ten un acordo de Custodia do Territorio neste espazo dende 21 de marzo de 2016. As accións desenvolveranse na parcela A Zarra da Pena e na contorna do río Arnego. O colectivo ecoloxista xa realizou varias actuacións do citado proxecto e durante esta fin de semana seguirá coas mesmas.

Os Sobreirais do Río Arnego constitúen un espazo natural que está incluído dentro da proposta da Rede Natura 2000. Este espazo conta cunha superficie de 1.537 ha e localízase nos termos municipais de Agolada, Lalín e Vila de Cruces, na provincia de Pontevedra. ADEGA ten un acordo de Custodia do Territorio neste espazo dende 21 de marzo de 2016. As accións desenvolveranse na parcela A Zarra da Pena e na contorna do río Arnego. Realizaranse no marco do proxecto inventariados de flora e fauna, recuperación de elementos naturais e etnográficos asi como actividades de voluntariado ambiental.

As actividades previstas para os días 21 e 22 de abril, son:

O sábado 21 será a descuberta de biodiversidade (bioblitz) correspondete a primavera (vaise facer unha por estación) centrada no recoñecemento e identificación da fauna presente na contorna do Sobreiral do río Arnego.

O domingo 22 a acción estará centrada na construcción de refuxios para fauna Dasé así continuidade a actividade xa realizada coa intención de seguir aportando refuxios para fauna, nomeadamente morcegos, coa finalidade de poder estudalos e facer o seu seguemento.

Todas as actividades son gratuítas, mais é preciso inscribirse. O voluntariado terá cubertos os gastos de manutención.