Eucaliptos_(469841315)

Os avales do eucalipto

 Destapan que un dos informes que avala a viabilidade do eucalipto foi elaborado por un catedrático patrocinado por Ence

20-04-2018

O goberno tería recurrido a un experto que fora financiado por ENCE para rebatir o ditame do seu propio Comité Científico, que pedía declarar o eucalipto como especie exótica invasora, tal e como recolle o portal GCiencia. O documento presentado polo goberno para desatender as recomendacións do Comité Científico está asinado polo catedrático da Universidad Politécnica de Madrid, Luis Gil, e nel criticabase e cuestionabase a calidade científica da resolución que fora apoiada de xeito unánime polo comité de expertos designados polo propio Ministerio.

Unha evaluación emitida por un investigador que ten participado en proxectos financiados por ENCE, un dos maiores interesados en garantir a pervivencia do eucalipto, e que  continúa a medrar e gañar coa expansión desta especia namentres a cornixa cantábrica perde parte da súa biodiversidade tanto na costa como cada vez máis nas zonas de interior coas plantacións de nittens na montaña.

Este caso pon de manifesto algunhas das prácticas máis habituais para continuar coa expansión desta especie. Informes  e soportes informativos financiados, patrocinios de congresos a cambio de modificar as posturas… todo para permitir unha expansión do eucalipto namentres Ence leva fora da cornixa a pasta de papel, celulosa, levando consigo o valor engadido do produto final a outros lugares.

Consulta o artigo completo publicado por GCiencia.