imposto compensatorio ambiental mineiro.

Imposto compensatorio ambiental mineiro

Galicia regula a aplicación do imposto compensatorio ambiental mineiro

Unha regulación que chega tres anos despois da súa “aprobación” pola Lei 12/2014 do 22 de decembro

04-01-2017

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a resolución pola que se fan públicas as normas de aplicación do imposto compensatorio ambiental mineiro, na ORDE do 18 de decembro de 2017. A presente orde ten por obxecto establecer o réxime xurídico aplicable ó cumprimento das obrigas tributarias concernentes ó imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).

O ICAM configúrase como un imposto ambiental finalista que pretende internalizar o custo do uso que do ambiente fai a actividade mineira que se desenvolve no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, incentivar a aplicación das melloras técnicas, ferramentas e prácticas de xestión ambiental polo sector mineiro galego, promover a aceleración na restauración das superficies e solos afectados e promover a investigación e desenvolvemento de procesos mineiros máis eficientes desde o punto de vista ambiental.

Consulta a norma completa na nosa sección de Eco Lexislación

Créditos: Fotografía: Wikimedia Commons: Adrián Estévez