Eco Legislación

Creación do Observatorio Autonómico dos Ríos de Galicia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o Decreto 15/2018, do 25 de xaneiro, polo que se crea e se regula o Observatorio Autonómico dos Ríos de Galicia. Este Observatorio xorde coa finalidade de responder á necesidade de recoñecemento e protección do enorme valor patrimonial, tanto social como ambiental, desta riqueza hidrográfica, así como a importancia que teñen na conservación tanto da flora como da fauna que dependen deles para a súa supervivencia. Recoñecer estes valores é esencial en toda sociedade sensible e responsable coas xeracións futuras.

 
Normas de aplicación do imposto compensatorio ambiental mineiro

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a resolución pola que se fan públicas as normas de aplicación do imposto compensatorio ambiental mineiro , na ORDE do 18 de decembro de 2017. A presente orde ten por obxecto establecer o réxime xurídico aplicable ó cumprimento das obrigas tributarias concernentes ó imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).

O ICAM configúrase como un imposto ambiental finalista que pretende internalizar o custo do uso que do ambiente fai a actividade mineira que se desenvolve no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, incentivar a aplicación das melloras técnicas, ferramentas e prácticas de xestión ambiental polo sector mineiro galego, promover a aceleración na restauración das superficies e solos afectados e promover a investigación e desenvolvemento de procesos mineiros máis eficientes desde o punto de vista ambiental. 

Lei de Espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a nova Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia.

A Lei de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia é a primeira norma autonómica con rango legal que establece unha regulación xenérica, actualizada e de carácter global desta materia e enche o baleiro normativo autonómico existente na actualidade, todo iso co obxecto de acadar un marco normativo adecuado á realidade da sociedade actual conforme cos novos parámetros sociais e culturais, atendendo a actual xeneralización e diversificación das actividades relacionadas co ocio, que obriga a atopar equilibrio entre as distintas sensibilidades, dereitos e obrigas das persoas que organizan os espectáculos e actividades recreativas, das persoas espectadoras ou usuarias e das persoas alleas a estas actividades, acredoras do dereito ao descanso e a unha convivencia normalizada, e garantindo un equilibrio entre o principio de liberdade e o principio de seguridade e convivencia.

 

Plan de residuos industriales de Galicia 2016-2012

El Diario Oficial de Galicia (DOG) ha publicado la resolución por la que se hace público el nuevo Plan de residuos industriales de Galicia 2016-2012, que fue aprobado por el Consello de la  Xunta el pasado día 22 de este mismo mes. Con este documento, el ejecutivo gallego culmina con el proceso planificador en materia de residuos, dando efectivo cumplimiento a la Directiva marco de residuos.

El plan cuenta con un total de 19 millones de euros de presupuesto durante su vigencia, se articula alrededor de 13 objetivos estratégicos, 17 programas e incluye 108 medidas específicas y 43 indicadores de seguimiento.

Entre los objetivos propuestos, destaca la reducción en 2020 de la generación de los residuos industriales como mínimo en un 10% frente a los valores de 2010; el fomento de la I+D+i en el campo de la prevención; reducir los efectos a nivel de cambio climático; y tender al establecimiento de una economía circular.

Con respecto a las medidas concretas, se puede destacar la limitación de nuevas autorizaciones de escombreras de residuos industriales no peligrosos mientras exista la capacidad autorizada suficiente para eliminar el equivalente al vertido durante los últimos cinco años; o el hecho de que se abra la posibilidad de establecer un canon al vertido que desincentive esta actividad frente a la recuperación material del residuo.