macrovertedoiro de Lousame

Denegan a autorización ambiental para o macrovertedoiro de Lousame

A Xunta denega a autorización ambiental para o macrovertedoiro de Lousame

Rexeita o proxecto por causar efectos negativos no medio ambiente e por primar a eliminación fronte á valorización

24-05-2018

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático rexeita o proxecto do macrovertedoiro proxectado en Lousame por “causar efectos negativos significativos sobre o medio ambiente”, “contradicir o principio de promover a valorización fronte á eliminación” e por contar “cun forte rexeitamento social”.

O colectivo ecoloxista Adega congratúlase desta decisión da administración autónomica que atende a principios de sostibilidade ante os problemas que poderían ocasionar estas instalación ó medio ambiente. Adega denuncia que este proxecto perpetúa o modelo da “ateigada e insustentábel SOGAMA” e asegura que “pretendía valerse de Lousame (como antes de Trazo -desistido-, e Ordes -pendente de resolución-), para soterrar máis residuos, camuflándoos de ‘xestión ambiental'”. O colectivo tamén denuncia a “extratéxica” ubicación escollida para este macrovertedoiro que pretendía situarse ó carón da planta de compostaxe da Mancomunidade Serra do Barbanza “e deteriorar a imaxe do sistema alternativo a SOGAMA” que millores cifras de reciclaxe presenta de Galicia e boa parte do estado.

Consulta a Declaración de Impacto Ambiental do macrovertedoiro de Lousame.