USC

Curso de verán da USC sobre Economía Circular

A USC organiza un curso sobre Economía Circular na súa programación de verán

No seminario abordarase este novo paradigma dende distintas áreas e analizando tanto a normativa e os obxectivos impulsados dende Europa como iniciativas de éxito que se axustan a el

13-08-2018

Os obxectivos de este curso da USC son tratar o concepto da economía circular dende diversos ámbitos. Por unha banda, a parte lexislativa que está a ser impulsada dende a Unión Europea para a regulación e implantación no sector industrial cara o aproveitamento material e enerxético. Por outra, a aplicación práctica con casos de éxito en empresas e administración pública.

O curso celebrarase entre o 27 e o 31 de agosto, na Aula Magna da Facultade de Filosofía, en Santiago. O seminario impartirase en horario de 9,00 a 14,00 horas e ten unha duración de 26 horas lectivas. A proposta didáctica está dirixida por Rocío García Carregal.

Podes consultar o programa completo aquí.

Tamén podes atopar máis información na web de  www.asociacionacide.com