Concentración en Defensa da Caza

Caza en Galicia

A Federación Galega de Caza organiza este domingo unha concenctración en Santiago

11-04-2018

Federación Galega de Caza organiza este domingo día 15 de abril unha concentración en defensa da Caza, a Pesca e o Mundo Rural, ás 12:00 horas na rúa do Hórreo, fronte ó Parlamento de Galicia, en Santiago de Compostela. Unha movilización na que agarda congregar a sindicatos agrarios, federacións deportivas, empresas vinculadas co sector cinexético, sociedades de caza, federacións e asociacións do mundo da caza e da pesca así como cazadores, pescadores, labregos e xente do rural.

Dende a Federación reivindican esta concentración “despois de moitos meses nos que a caza e outras actividades do rural foron atacadas por colectivos animalistas radicais e sen contar co suficiente apoio que se merece a caza, a pesca e o rural por parte das Administracións, forzas políticas e unha sociedade cada día máis urbana e desvinculada co rural”. Para elo a FGC reivindicará, entre outros, os seguintes argumentos:

– A caza é unha actividade legal, regrada e con enorme arraigo e carácter social na nosa terra.
– A actividade cinexética é unha actividade sostible e unha ferramenta de xestión do medio ambiente e dos nosos ecosistemas.
– A caza é o segundo deporte federado máis practicado en Galicia tan so superado polo fútbol e con alo menos unha sociedade de caza por municipio. Xerando un movemento económico que supera os 100 millóns de euros para as arcas galegas.
– Son os cazadores os que contribúen a minorar os danos que se producen no agro galego e nas seguridade viaria.

Esta concentración en defensa da caza, a pesca e o mundo rural adquire un carácter nacional xa que será simultánea en máis de 40 capitais de provincia en todo o territorio español a través da Real Federación Española de Caza e das súas Federacións Autonómicas.