cambio climatico

Sobre o cambio Climático dende Galicia

Medio Ambiente busca implicar á cidadanía na procura de medidas que mitiguen o cambio climático

Santiago acolleu o primeiro Café Faladoiro co obxectivo de abrir un debate entre persoas de distintos ámbitos sobre cómo fomentar a participación cidadá en temáticas de actualidade como o cambio climático

 09-02-2018

Afrontar os efectos que o Cambio Climático está xerando no planeta está deixando de ser unha cuestión que se aborda só nos despachos para sumar esforzos dende tódalos ámbitos. Aló menos é o que propón a Consellería de Medio Ambiente cos seus Cafés Faladoiro.

Unha proposta que se inaugurou esta mesma semana en Santiago de Compostela e que buscaba abrir un debate entre persoas de diferentes ámbitos sobre cómo fomentar a participación cidadá en temáticas de actualidade como o Cambio Climático. Nesta ocasión contou coa participación do catedrático de Economía da Universidade de Vigo e membro do IPCC, Grupo Intergubernamental sobre Cambio Climático de Nacións Unidas, para a elaboración do 5º Informe de Avaliación sobre o cambio climático, Xavier Labandeira. 

Esta iniciativa, que terá continuidade noutras datas e noutros escenarios, como o ámbito universitario, o tecido empresarial…, busca fomentar a participación da cidadanía en xeral, a través de actividades de divulgación en materia de cambio de cambio climático e sustentabilidade ambiental. No é a primeira vez que a capital galega se converte en sede para abordar o cambio climático, xa que o  pasado outubro acolleu a celebración do Climathon 2017, un encontro que por primeira vez se celebraba en Galicia e que se sumaba ás case 250 cidades de máis de 70 países, nos que se debatía simultaneamente durante unha xornada sobre como fenómeno impacta na actividade socioeconómica.

Ademáis para a consellería 2018 perfílase coma un ano trascendental en Galicia en materia de cambio climático, xa que se presentará o borrador da Estratexia de Cambio Climático e Enerxía 2050, un documento multidisciplinar que marcará a folla de ruta nesta materia; e coa continuación dos traballos na Estratexia Galega de Sustentabiliade, coa que se definirá o camiño a seguir e marcará as pautas para a sociedade, os axentes produtivos e a propia Administración.

A folla de ruta estará centrada en crear unha economía baixa en carbono, eficiente e sustentable e no uso dos recursos; na definición de  medidas de adaptación aos efectos xa evidentes do cambio climático en Galicia, e na aplicación de medidas de concienciación e sensibilización da poboación para conseguir a implicación de todos na loita contra este fenómeno.  No ámbito da sustentabilidad ambiental tamén se presentarán ao longo de 2018 as liñas de actuación.