BioCultura

BioCultura

Galicia acolle por primeira vez BioCultura, a feria de produtos ecolóxicos e consumo responsable

A feira BioCultura celebra a súa primeira edición galega este ano en A Coruña dende o venres ata o domingo

28-02-2018

A feria BioCultura, dedicada a produtos ecolóxicos e consumo responsable, celebra a  súa primeira edición galega este ano 2018 en A Coruña  dende este venres día 2 ata o domingo 4 de marzo. Unha cita que contará con máis de 200 expositores e á que se agarda que asistan máis de 13.000 visitantes, froito do convenio de colaboración entre ExpoCoruña e a Asociación Vida Sana.Esta asociación organiza a feira dende fai 33 anos en Madrid, 24 en Barcelona, sete en Valencia, cuatro en Bilbao, dous en Sevilla e agora, por primeira vez, en Galicia.

Aínda que a alimentación ecolóxica é o sector que ocupa un maior espacio en BioCultura, con máis de 15.000 produtos, dentro da feira cada vez toman máis forza outros sectores como a cosmética ecolóxica certificada, a moda orgánica e sostible, a bioconstrucción e ata xoguetes, música, libros e revistas.

Os datos dos informes sobre o sector da agricultura ecolóxica en todo o planeta son contundentes. Segundo os últimos estudos de FiBL-IFOAM-SOEL, o sector bio e os seus subsectores amosaron un crecemento continuado imparable nos últimos anos e todo indica que vai seguir sendo así. O mercado de produtos de alimentación ecolóxica en España tivo no 2017 un crecemento dun 14%, fronte ó 2% dos alimentos convencionaos, segundo se desprende do informe “Mitos y realidades sobre el consumo de productos ecológicos”, elaborado por Kantar Worldpanel e a Fundación Catalunya La Pedrera.

Porén, o nivel de penetración dos alimentos ecolóxicos en España segue sendo moi baixo con respeto ó doutros países europeos. Na mentres que en España só o 42% dos fogares compra produtos ecolóxicos, a media europea sitúase no 80%.

Galicia leva un bo ritmo de crecemento e sobre todo unha gran diversidade de producións e elaborados. Así o único lúpulo ecolóxico de España cultívase en Galicia. As algas de procedencia española son galegas. Viños, cervezas, zumes, queixos, iogures, xamón, conservas, ovos, carne, marmeladas, galletas, té, repostería… Infinidade de produtos ecolóxicos son elaborados en Galicia. Pero o producto estrela é o leite. Galicia é o máximo proveedor de leite ecolóxica (as gandeirías de vacún de leite inscritas no RAEGA, ata cerca de 100, representan máis do 50% das existentes en España, e un porcentaxe incluso maior en produción).

Podes consultar máis información sobre a feira en biocultura.org