residuos

Alegacións para unha nova lei galega de residuos

Amigos da Terra reclama una lei de residuos que garanta unha xestión sostible dos residuos 

O colectivo aboga por rachar coa xestión centralizada dos residuos en Cerceda  con modelos de proximidade que garantan unha maior transformación do lixo en recurso mediante a reciclaxe ou a compostaxe

25-03-2019

Actualmente estase a traballar dende a Xunta de Galicia na nova Lei de residuos e solos contaminados de Galicia e o colectivo Amigos da Terra acaba de remitirlle á administración as súas alegacións para que este novo marco xurídico procure unha xestión sostible dos residuos e dea un xiro cara o novo paradigma europeo e mundial da economía circular.

O colectivo ecoloxista defende que “a xeración de residuos en Galicia ten que diminuir e os residuos que se xeren, deben deixar de ser un residuo para convertirse nun recurso”. Por iso, nas propostas remitidas á Administración reclaman que esta nova lei ampare tamén un novo modelo de xestión. “Pedimos á Xunta de Galicia que sexa responsable dunha vez por todas e transforme o actual texto nun documento ambicioso, que persiga a loita contra o cambio climático e aposte por unha economía circular real a través dunha ambiciosa Lei galega de residuos” declara María Durán, responsable da área de Recursos Naturais e residuos de Amigos da Terra.

Un dos aspectos nos que incide a organización é na necesidade de rachar coa actual xestión centralizada do lixo, concentrada en Cerceda. Inciden nos inconvientes ambientais que este modelo leva anos arrastrando entre os que figuran a contaminación producida polo transporte do lixo dende distintas partes de Galicia, así como a alta taxe de incineración e enterramento dos residuos que arroxa esta xestión. “Debe ser fundamental rachar coa dinámica centralizadora da xestión de residuos en Galicia na que a maioría do lixo galego viaxa longas distancias polo noso territorio para rematar incinerado (na súa maior parte) ou depositado nun macrovertedoiro no concello de Cerceda, agravando así enormemente os efectos do cambio climático e o despilfarro de recursos”, reivindican dende a asociación.

En contraposición ó actual modelo co que se xestiona boa parte do lixo da comunidade, abogan por un modelo de xestión descentralizada dos residuos que:

  • Respecte o principio de proximidade.
  • Priorice o principio de precaución.
  • Asegure a protección ambiental , a saude das persoas e a protección dos recursos.
  • Estea adaptada á organización territorial galega.
  • Minimize o gasto enerxético e as emisións contaminantes asociadas ao transporte.
  • Sexa flexíble e viable.
  • Sexa xusta socialmente.

Involucrar á cidadanía

Para lograr este cambio de modelo, o colectivo tamén apela á necesidade de implicar á cidadanía dun xeito que colaboren e participen dun modo real e activo. Con este fin reclaman un maior esforzo a nivel de formación, divulgación e concienciación ambiental por parte das administracións para que se produza un cambio real de hábitos a tódolos niveis e idades.

Estes cambios propugnados polo colectivo ecoloxista Amigos da Terra van na liña dos obxectivos marcados pola Unión Europea en materia de xestión de residuos que busca que para o 2020 o 50% dos residuos se recollan dun xeito selectivo. “As consecuencias do incumprimento destes obxectivos sempre son máis graves que o esforzo de alcanzar as marcas estipuladas”, declara Durán.

 

O primeiro gran reto para cumprir é a recollida selectiva obrigatoria e o tratamento diferenciado da materia orgánica, que supón, en peso, un 40 % máis ou menos da fracción resto. Xa hai municipios galegos con iniciativas moi ambiciosas postas en marcha (exemplo do pal Revitaliza de Pontevedra) e mancomunidades enteiras con recollida separada da materia orgánica para a súa compostaxe (Mancomunidade do Barbanza), pero iso aínda representa, en porcentaxe sobre o total galego, unha parte demasiado pequena.

Por iso, para Amigos da Terra “é impresncindible incorporar nesta lei a obrigatoriedade da recollida da materia orgánica, poténciar ao máximo a autocompostaxe e a calidade dos residuos , e marcar un límite máximo dun 5 % de impropios que asegure que o tratamento e por tanto o compost resultante sexa de calidade”, defenden.